Temporalización do REA
De acordo coa programación modelo de Proens, este REA deseñouse para desenvolverse en 24 sesións, mais cómpre ter en conta que debe ser unha periodización adaptable segundo as necesidades e ritmos do grupo. A proposta é que se traballe no segundo trimestre.
A temporalización aproximada recomendada para cada fase deste recurso é a seguinte:
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
|
1. De que vai isto? (Descrición) |
1.2. Atréveste? |
Sesión de introdución e motivación sobre o reto. Explicación dos chanzos para acadar o reto. Observación de exemplos de pódcasts en galego. Diario de aprendizaxe. |
2 sesións |
|
2. Pon a voz a quentar (Exploración. Coñecementos previos) |
2.2. Sintoniza a onda |
Creación de grupos segundo os criterios do profesor ou profesora. Activación dos coñecementos previos relacionados cos contidos a tratar ao longo do REA: as entrevistas, a sinonimia e a antonimia, a linguaxe figurada e a voz activa e pasiva. Diario de aprendizaxe. |
2 sesións |
|
3. Colle o micro (Conexión) |
3.2. Somos amigas ou inimigas? 3.3. Estás modo on ou off? 3.4. Con retranca 3.5. Tira do fío 3.6. Rebobina |
Planificación do guión do pódcast. Explicación sobre os elementos da novela e os subxéneros narrativos. Aproximación ás principais relacións semánticas. Presentación do texto expositivo e os textos xornalísticos. Elaboración de mapas conceptuais. Explicación sobre diferentes tipos de oración: activas, pasivas, predicativas, copulativas e impersoais. Creación dun debate. Distinción do significado connotativo e denotativo da linguaxe. Diario de aprendizaxe. |
10 sesións |
|
4. Acende a gravadora (Reto final) |
4.2. Pódcast en marcha 4.3. Pódcast en peche |
Produción do pódcast en base ao guión e ás rúbricas indicadas. Corrección e revisión do guión. Realización dunha entrevista, unha recomendación literaria e un pequeno debate. Gravación do pódcast empregando o Audacity. Diario de aprendizaxe. |
6 sesións |
|
5. Dálle ao play (Conclusión) |
5.1. Cada cousa no seu sitio 5.2. Que tal se escoita? |
Esquema dos contidos do REA. Presentación e reprodución dos pódcasts. Difusión dos pódcasts á comunidade educativa. Diario de aprendizaxe: coavaliación. |
4 sesións |