La química da de comer
No REA «La química da de comer» faise unha aproximación inicial ao estudo dos sistemas materiais. Este REA está destinado ao curso de 2º da ESO.
O fío condutor da unidade é a cociña e a produción de alimentos, poñendo en valor a presenza da química nos fogares do alumnado.
O REA presenta as seguintes fases:
- Descrición: «¡Feria culinaria!».
- Exploración: «¿Qué hay en la despensa?».
- Conexión: «¡Manos a la materia!».
- O reto final: «Emplatando el estand».
- Conclusión: «La guinda del pastel».
Na fase 1 é onde se describe o reto a acadar, a creación dun posto para unha feira de ciencia e gastronomía que se levará a cabo no centro. Tamén se crean os equipos de traballo.
Na fase 2 relaciónase o contido da unidade con ideas previas do alumnado, comparando o material de laboratorio co material de cociña e reflexionando sobre o concepto de seguridade alimentaria.
Na fase 3 introdúcense os novos contidos sobre sistemas materiais: a clasificación da materia segundo a súa composición, a concentración das disolucións, a solubilidade, o procedemento de preparación de disolucións e a separación de mesturas. Inclúense actividades para desenvolver tanto de xeito individual como grupal.
Na fase 4 recompílase todo o aprendido para preparar toda a exposición que realizarán na feira científico-gastronómica. Realízase dende o deseño e montaxe do espazo, ata a preparación da exposición que se levará a cabo neste.
Na fase 5 ponse en práctica o aprendido compartíndoo co resto da clase e da comunidade educativa.
En todos os apartados deste REA pártese dun contexto próximo ao alumnado como é a alimentación e vincúlase este cos contidos e cos exercicios propostos. Trátase de que o alumnado comprenda que a química está presente en todos os ámbitos da sua vida cotiá e que non é só unha disciplina técnica afastada dos seus intereses.
Neste REA dáselle importancia ao traballo no laboratorio pois considérase que este tipo de actividades prácticas son imprescindibles na aprendizaxe dunha ciencia experimental e que, ademais, motivan ao alumnado e fomentan a creatividade e a autonomía.
Tamén se inclúen actividades para desenvolver habilidades de investigación e para a reflexión, tratando de fomentar o pensamento crítico no alumnado.
Nalgunhas actividades propostas e no reto do REA pódense atopar actividades multinivel, que permiten que os contidos estean ao alcance de todo o alumnado.