Temporalización do REA
Esta unidade levarase a cabo en 18 sesións e impartirase entre o primeiro e o segundo trimestre.
Engloba os aspectos curriculares da unidade didáctica 3 «Sistemas materiais» da programación modelo de Proens para a materia de Física e Química de 2º da ESO.
A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso.
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
|
Descrición da situación de aprendizaxe: 1. ¡Feria culinaria! |
1.1 Divulga y transforma |
Sesión de introdución e motivación sobre o reto: montar un posto con experimentos para demostrar, de xeito divulgativo e no estilo dunha feira de alimentación, un aspecto da materia escollido. Exponse a estrutura do reto por equipos, os pasos a seguir e as metal finais. Contén reflexións para anotar no Diario de Aprendizaxe. |
1 sesión |
|
Exploración (coñecementos previos): 2. ¿Qué hay en la despensa? |
2.1. Química con delantal 2.2. «Galicia calidade» |
Sesións iniciais para conectar cos coñecementos previos sobre o material de laboratorio e a interpretación de gráficos. Preséntase o material de laboratorio comparándoo con utensilios de cociña de funcionamiento e uso moi similar. A interpretación de gráficos introdúcese no contexto da seguridade alimentaria e o desenvolvemento sostible. Hai actividades para interpretar a relación entre produción de alimentos, cantidade de poboación, superficie de solo empregada... Contén reflexións para anotar no Diario de Aprendizaxe de forma individual e grupal. |
2 sesións |
|
Conexión: 3. ¡Manos a la materia! |
3.1. Descodificando la materia 3.2. Etiquetando las sustancias puras ¡Etiquétalos todos! 3.3. El menú del día 3.4. Menaje de cocina 3.5. ¿Y para beber? ¡Agua! 3.6. Alimenta a tus plantas 3.7. Bebida isotónica 3.8. Separar para saborear |
Sesións con actividades nas que se desenvolven os seguintes contidos e procedementos: 3.1. Tipos de substancias: mesturas e substancias puras. Actividades contextualizadas nas substancias presentes nunha cociña típica. (1 sesión) 3.2. Tipos de substancias puras: elementos e compostos. Actividades contextualizadas o etiquetado de produtos. (1 sesión) 3.3. Tipos de mesturas: heteroxéneas e homoxéneas (disolucións). Actividades contextualizadas na preparación de pratos no fogar. (1,5 sesións) 3.4. Disolucións. Actividades contextualizadas en alimentos e utensilios que se poden atopar na cociña. (0,5 sesións) 3.5. Concentración dunha disolución. Actividades contextualizadas na auga embotellada e receitas que se poden facer con auga. (2 sesións) 3.6. Solubilidade. Actividades contextualizadas na horta, a rega, o uso de fertilizantes... (1 sesión) 3.7. Preparación de disolucións no laboratorio. Actividades contextualizadas nas bebidas isotónicas e no emprego de pesticidas. (2 sesións) 3.8. Separación de mesturas. Actividades contextualizadas no laboratorio e na cociña. (2 sesións) Entre as anteriores hai actividades de distintos niveis: Contén reflexións para anotar no Diario de Aprendizaxe de forma individual e grupal. |
11 sesións |
|
Reto final: 4. Emplatando el estand |
4. Emplatando el estand |
Sesións para a preparación dos postos interactivos da feira científico-gastronómica. Cada grupo deberá elixir a temática (tres posibles temas), pensar o deseño (materiais, bosquexo...), elaborar un guion, ensaiar a súa presentación e finalmente montar o propio posto. Contén reflexións para anotar no Diario de Aprendizaxe de forma individual e grupal. |
3 sesións |
|
Conclusión: 5. La guinda del pastel
|
5. La guinda del pastel |
Sesión dedicada á propia feira. Cada grupo presentará no seu posto os contidos preparados mediante experimentos en directo e charlas divulgativas. Última reflexión no Diario de Aprendizaxe sobre o traballo propio e alleo. O alumnado deberá reflexionar sobre o traballo realizado e o resultado obtido, pero tamén deberá percorrer a feira e observar con atención as exposicións dos outros grupos. |
1 sesión |