Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Táboa na que se recollen os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (en base á proposta de Proens).

Hai que ter en conta que esta situación de aprendizaxe abarca un total de dúas unidades didácticas, polo que a suma total dos criterios de avaliación vai ser de 200%.

Cada docente deberá darlle a cada criterio de avaliación o peso que considere, debendo ser a suma total do peso dos criterios para esta situación de aprendizaxe do 100%.

Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación  Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación Unidade didáctica (Proens) % (Orientación de Proens)
CA3.1. Recoñecer os trazos particulares de diversas técnicas e linguaxes gráficas e visuais, así como os seus procesos e os resultados en función dos contextos sociais, históricos, xeográficos e tecnolóxicos, procurando e analizando a información con interese e eficacia. Saber recoñecer minimamente as particularidades das distintas técnicas e linguaxes artísticas, en función dos distintos contextos, buscando a información e analizándoa con eficacia. TI 5 15%
6 15%
CA3.2. Expresar conceptos, ideas e sentimentos en diferentes producións gráfico-plásticas, tanto artísticas como técnicas, a través da experimentación con diversas ferramentas, técnicas e soportes, desenvolvendo a capacidade de comunicación e a reflexión crítica. Saber elixir as técnicas necesarias, dun xeito básico, despois de experimentar con elas, para ser quen de comunicar os sentimentos e ideas requiridos, desenvolvendo certa reflexión crítica. TI 5 15%
6 15%
CA3.4. Desenvolver producións gráfico-plásticas, tanto artísticas como técnicas, cunha intención previa, de forma individual ou colectiva. Ser quen de desenvolver producións gráfico-plásticas sinxelas, respondendo a unha premisa, de xeito individual ou colectivo. TI 5 50%
6 50%
CA3.5. Expor os procesos de elaboración e o resultado final de producións gráfico-plásticas, tanto artísticas como técnicas, realizadas de forma individual ou colectiva, recoñecendo os erros, procurando as solucións e as estratexias máis adecuadas para as mellorar. Explicar, dun xeito minimamente lóxico e organizado, os procesos e o resultado das producións gráfico-plásticas, reflexionando sobre os erros e procurando outras solucións máis axeitadas. TI 5 20%
6 20%
Lenda%: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores

Actividades e instrumentos empregados no REA

Táboa na que se concretan as actividades ou retos empregados no REA do alumnado en relación con cada criterio de avaliación, indicando en cada caso o instrumento de avaliación considerado.

Criterios de avaliación Actividades ou exercicios / Seccións do REA Instrumentos empregados
CA3.1. Recoñecer os trazos particulares de diversas técnicas e linguaxes gráficas e visuais, así como os seus procesos e os resultados en función dos contextos sociais, históricos, xeográficos e tecnolóxicos, procurando e analizando a información con interese e eficacia.

Fase 2:

- Apartado 2.2. Xeometrizarte: Actividades (Un mosaico de papel, Encartar e despregar e Cidade xeométrica).

Fase 3:

- Apartado 3. A xeometría. Experiementa! (Cazando xeometría)

Rúbrica docente do reto
CA3.2. Expresar conceptos, ideas e sentimentos en diferentes producións gráfico-plásticas, tanto artísticas como técnicas, a través da experimentación con diversas ferramentas, técnicas e soportes, desenvolvendo a capacidade de comunicación e a reflexión crítica.

Fase 3:

- Apartado 3.3. A xeometría. Experimenta! (As mil e unha rectas e  Divide e vencerás).

- Apartado 3.4. Figuras planas e corpos xeométricos: Experimenta! (O teu poli-nome, Os poli-animáis e Os poli-teselados).

- Apartado 3.5. O sistema diédrico de representación: Experimenta! (Dá vida aos teus bloques, Recorta e constrúe e Vistas do mundo real).

Rúbrica docente do reto
CA3.4. Desenvolver producións gráfico-plásticas, tanto artísticas como técnicas, cunha intención previa, de forma individual ou colectiva.

Fase 3:

- Apartado 3.3. A xeometría.

- Apartado 3.4. Figuras planas e corpos xeométricos.

- Apartado 3.5. O sistema diédrico de representación e apartado 3.6. Embalando. Abocetado de ideas.

Fase 4:

- Apartado 4.1. Creación e refinamento.

Rúbrica docente do reto
CA3.5. Expor os procesos de elaboración e o resultado final de producións gráfico-plásticas, tanto artísticas como técnicas, realizadas de forma individual ou colectiva, recoñecendo os erros, procurando as solucións e as estratexias máis adecuadas para as mellorar.

Fase 4:

- Apartado 4.2. EmbalArte.

Fase 5:

- Apartado 5.1. Repasando todo.

Rúbrica docente do reto

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)