Saltar navegación

1. Descrición xeral

EmbalArte

“EmbalArte" é un REA (Recurso Educativo Aberto) coa fin de fomentar nos estudantes habilidades e capacidades, tanto cognitivas como emocionais, expresando pensamentos e emocións de forma libre e orixinal, estimulando a creatividade e descubrindo a linguaxe xeométrica a través dun reto estimulante. Nesta situación de aprendizaxe o alumnado terá que traballar en grupo para realizar unha chuvia de ideas, na investigación e preparación de materiais, e nas reflexións críticas finais sobre os resultados do seu traballo. Traballarán de forma colaborativa para decidir a forma e o deseño da embalaxe dun obxecto ou produto local, tendo en conta as necesidades de comunicación, uso, protección e transporte dese produto, sempre dende unha perspectiva de respecto ao medio ambiente. Investigarán e estudarán o obxecto, planificarán o deseño da embalaxe, tendo en conta a escala, forma, materiais e, finalmente, farán unha avaliación e reflexión.

O REA "EmbalArte" ten como obxectivos principais (hai que cambialos):

1. Fomentar a capacidade do alumnado para xerar ideas, deseñar obxectos e identificar o valor do deseño na vida cotiá.

2. Coñecer e experimentar coa linguaxe da xeometría, identificando trazados, figuras xeométricas e formas de representación no espazo, aplicándoo nun deseño útil.

3. Fomentar o traballo colaborativo mediante o intercambio de ideas a través de diferentes deseños baseados na xeometría.

4. Desenvolver unha ollada proactiva e crítica sobre o deseño, entendendo as aplicacións da xeometría na vida cotiá.

5. Potenciar o sentido espacial e a percepción dunha necesidade práctica de forma creativa.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)