Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA (Recurso Educativo Aberto) forma parte dun conxunto de 8 REA, unha proposta global para a materia de Educación Física de 5º de Educación Primaria do proxecto cREAgal para conter as 8 UD (Unidades Didácticas) recollidas na programación modelo de Proens do curso 2023 – 2024 e vixente no curso 2025 – 2026.

A distribución do conxunto de REA da materia de Educación Física de 5º de Educación Primaria respecta a temporalización por trimestre, a secuencia de UD e o resto dos elementos curriculares da programación modelo Proens vixente.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización

REA 1: "Influencers motrices"

UD1: Somos un equipo

CA2.1 - CA2.2 - CA2.3 - CA2.6 - CA4.4 - CA4.5

5%

4 sesións no primeiro trimestre

REA 2: "SaudArte"

UD2: Actívate

CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.4 - CA2.3 - CA4.3

15%

9 sesións no primeiro trimestre

REA 3: "A festa do xogo"

UD3: Xogos de sempre

CA1.6 - CA2.5 - CA3.2 - CA3.3 - CA5.1 - CA5.2 - CA5.3 - CA5.4

10%

10 sesións no primeiro trimestre

REA 4: "Exprésate na rede"

UD4: Expresa-T

CA1.5 - CA2.3 - CA2.4 - CA3.4 - CA4.3 - CA5.3 - CA5.5

10%

8 sesións no primeiro trimestre

REA 5: "Saltando barreiras"

UD5: Brincamos

CA2.3 - CA3.1 - CA3.3 - CA3.5 - CA4.1 - CA4.3 - CA6.3

15%

9 sesións no segundo trimestre

REA 6: "Youtubers deportivos"

UD6: Facémonos deportistas

CA1.3 - CA1.5 - CA1.7 - CA3.1 - CA3.2 - CA4.2 - CA4.4 - CA4.6

15%

9 sesións no segundo trimestre

REA 7: "Solidarízate xogando!"

UD7: Xogamos en equipo

CA1.3 - CA1.5 - CA1.7 - CA3.1 - CA3.2 - CA4.2 - CA4.4 - CA4.6

15%

11 sesións no terceiro trimestre

REA 8: "En marcha"

UD8: Saímos á natureza

CA2.2 - CA2.3 - CA3.5 - CA6.1 - CA6.2 - CA6.3

15%

10 sesións no terceiro trimestre

Eixes da proposta didáctica

A área de Educación Física fundaméntase na adquisición das capacidades que contribúan ao desenvolvemento persoal e a unha mellor calidade de vida. É unha área que se dirixe ao coñecemento progresivo da conduta motora e á adquisición de actitudes, valores e normas referentes ao corpo e ao movemento.

Esta área participa tamén na consecución de diversos fins educativos na Etapa de Educación Primaria: a socialización, a autonomía, aprendizaxes básicas e mellora das posibilidades expresivas, cognitivas, comunicativas e lúdicas. A Educación Física está especialmente indicada para integrar todo tipo de alumnado e resulta idónea cara ao tratamento da diversidade na aula, fomenta a coeducación e promove a igualdade de oportunidades para ámbolos sexos.

Debemos lembrar que a Educación Física non é unha simple aprendizaxe de movementos, senón un camiño cara á educación integral e que utiliza o movemento como axente pedagóxico con diversas funcións: de coñecemento, de organización perceptiva, anatómico-funcional, estético-comunicativa, de relacións persoais, agonística, hixiénica, hedonista, de compensación e catártica.

Este REA contribúe a uns dos obxectivos principais da área: aprender a xestionar as súas emocións e as súas habilidades sociais en contextos da práctica motriz, recoñecendo diferentes manifestacións da cultura motriz, como parte relevante do patrimonio cultural, expresivo e artístico, que poden converterse en obxecto de gozo e aprendizaxe.

Para abordar con posibilidades de éxito as numerosas situacións motrices ás que se verá exposto o alumnado ao longo da súa vida, será preciso desenvolver, de maneira integral, capacidades de carácter cognitivo e motor, pero tamén afectivo-motivacional, de relacións interpersoais e de inserción social. Deste xeito, o alumnado terá que aprender a xestionar as súas emocións e as súas habilidades sociais en contextos de práctica motriz.

A situación de aprendizaxe está conectada cos seguintes Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS):

ODS 3 - Saúde e benestar: A análise do funcionamento dos sentidos e dos sistemas nervioso e locomotor contribúe á comprensión da saúde e dos procesos corporais.

ODS 4 - Educación de calidade: Busca garantir unha aprendizaxe inclusiva e significativa, promovendo competencias científicas e tecnolóxicas que fortalecen o coñecemento práctico e teórico.

ODS 9 - Industria, innovación e infraestruturas: Inclúe aspectos como a organización e dinamización dos espazos de xogo, fomentando a innovación e as habilidades sociais.

ODS 17 - Alianzas para acadar os obxectivos: O uso de recursos educativos abertos fomenta a colaboración entre educadores e comunidades para un ensino mellor e accesible.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

O marco curricular que abrangue a esta situación de aprendizaxe relacionase directamente coa unidade didáctica número 1: "Somos un equipo", que corresponde á programación modelo de 5º de Primaria proposta para a área de Educación Física na aplicación Proens da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades na Comunidade Autónoma de Galicia.

A continuación expóñense os contidos específicos traballados dentro do recurso:

Contidos

Bloque da materia

  • Usos e finalidades: catárticos, lúdico-recreativos, competitivos e agonísticos.

  • Actitudes consumistas respecto do equipamento. Análise crítica da adquisición de material para a práctica físico-deportiva.

  • Utilización adecuada e coidado do material, espazos e instalacións na práctica da actividade física.

Bloque 2

  • Xestión emocional: autoestima, ansiedade e situacións motrices. Estratexias de afrontamento e xestión

  • Autonomía e autoconfianza: aumento da autonomía persoal, mellora e afianzamento da confianza en si mesmo e nos demais durante a práctica motriz.

  • Habilidades sociais: estratexias de traballo en equipo para a resolución construtiva de conflitos nas diversas situacións motrices

  • Concepto de fairplay ou xogo limpo

  • Identificación e rexeitamento de condutas contrarias á convivencia en situacións motrices (discriminación por cuestións de xénero, de capacidade, de competencia motriz; actitudes xenófobas, racistas ou de índole sexista; abuso sexual ou calquera forma de violencia).

Bloque 4

Os obxectivos da materia que se traballan neste REA son os que seguen:

Obxectivos Descrición

OBX1

Adoptar un estilo de vida activo e saudable, practicando regularmente actividades físicas e deportivas e adoptando comportamentos que potencien a saúde física, mental e social, así como medidas de responsabilidade individual e colectiva durante a práctica motriz para interiorizar e integrar hábitos de actividade física sistemática que contribúan ao benestar.

OBX3

Desenvolver procesos de autorregulación e interacción no marco da práctica motriz, con actitude emprática e inclusiva, facendo uso de habilidades sociais e actitudes de cooperación, respecto, traballo en equipo e deportividade, con independencia das diferenzas etnoculturais, sociais, de xénero e de habilidade dos participantes, para contribuír á convivencia social e ao compromiso ético nos diferentes espazos en que se participa

A continuación inclúense os descritores das competencias clave que marca a normativa vixente e que son traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos

CCL

CCL1 e CCL5

STEM

STEM2 e STEM5

CD

CD3

CPSAA

CPSAA1, CPSAA2, CSPAA3 e CPSAA5

CC

CC2 e CC3

CE

CE3

Feito con eXeLearning (Nova xanela)