Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Esta situación de aprendizaxe está deseñada para 4 sesións. Débese ter en conta que esta proposta de distribución busca como obxectivo principal non reducir en exceso o tempo de acción motriz co alumnado. A tipoloxía da área e o escaso número de sesións anuais fan que o compoñente motriz sexa sempre unha prioridade sen obviar que haberá momentos na aula ordinaria para exploración de contidos e realización de actividades interactivas que guían o REA.

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización

1

O voso recreo

Presentación do reto

Sesión 1

2

Receita dun bo xogo

Coñecementos previos sobre características que debe ter un bo xogo

Sesión 1

3

Investigando e deseñando - As entrevistas

Elaboración de entrevistas

Sesión 1

3

As entrevistas

Realización de entrevistas

Recreo 1

3

Os xogos

Práctica de xogos obtidos das entrevistas + selección de xogos para a proposta

Sesión 2

3

En equipo: Deseñando carteis

Elaboración de cartelería dos xogos

Sesión 3

4

Sodes influencers! Preparando a proposta

Simulación da proposta e coavaliación

Sesión 4

4

Saíndo ao patio

Dinamización do patio + valoración dos participantes

Recreo 2

5

Conclusión

Análise de todo o proceso

Recreo 2

Feito con eXeLearning (Nova xanela)