Cálculo diferencial
Era un feito coñecido desde antigo é que o centro de gravidade dun triángulo atópase no punto de corte das medianas pero ¿cómo demostralo? Simón Stevin, un matemático dos Países Baixos do século XVI, fixo o seguinte razoamento:
· Recubrimos o triángulo con paralelogramos con dous lados paralelos a base do triángulo e os outros dous paralelos á mediana.
· A mediana divide en dúas partes iguais a cada un dos paralelogramos.