Sistema de rego automatizado con Micro:bit

Visto: 0 veces
Votos
Media: 5 (1 voto)
2025-12-29
Imaxe
Sistema de rego

Este proxecto propón a creación dun sistema de rego intelixente empregando unha placa Micro:bit, un sensor de humidade, un relé e unha bomba de auga de 5V. Todo se conecta a través do Keyestudio Sensor Starter Kit (37 in 1), que facilita o uso de sensores sen necesidade de soldadura. O obxectivo é detectar cando unha planta precisa auga e regala automaticamente. O alumnado participa activamente no deseño, montaxe e programación dun sistema funcional vinculado co coidado do medio ambiente.

Galego