Saltar navegación

Programamos

💧 Código do sistema de rego automático

Este programa permite automatizar un sistema de rego usando unha Micro:bit, un sensor de humidade do solo e un relé que activa unha bomba de auga.

  • A Micro:bit le o valor da humidade da terra a través do sensor. Se detecta que está seca, activa a bomba durante uns segundos para regar. 
  • A pantalla da Micro:bit amosa unha cara feliz ou triste segundo o estado do solo. 
  • O proxecto está feito en MakeCode, unha contorna de programación visual con bloques, ideal para iniciarse na robótica. 
  • Podes abrir e editar o código premendo no botón Editar ou dentro do recadro de abaixo. Tamén se achega o arquivo dispoñible na páxina de descargas.