Como funciona?
O sensor mide a humidade do solo e envía un valor á Micro:bit entre 0 e 1023.
Interpretación:
- < 300: solo seco → activar bomba
- > 300: solo húmido → non regar
Se o solo está seco, a Micro:bit envía unha orde polo Pin 9 e acende a bomba mediante o relé.
Sensor e relé
Conectamos o sensor e o relé á placa Keyestudio.
Sensor de Humidade (Pin 0)
- Cable Vermello (V): ao 5V
- Cable Negro (G): a GND
- Cable Amarelo (S): ao Pin 0
Relé (Pin 9)
- Cable Vermello (V): ao 5V
- Cable Negro (G): a GND
- Cable Amarelo (S): ao Pin 9
Resumo:
- A Micro:bit le o sensor polo Pin 0.
- Activa o relé se hai seca polo Pin 9.
Bomba e pila de 9V
A placa Keyestudio non pode alimentar directamente a bomba de auga. Por iso usamos unha pila de 9V, que se conecta á bomba pasando polo relé.
O relé actúa como un interruptor automático que abre ou pecha o paso da corrente segundo a orde da Micro:bit.
Conexións no relé:
- Cable Vermello da pila → terminal central do relé (COM, común)
- Cable Vermello da bomba → terminal da esquerda do relé (NO, normalmente aberto)
- Cable Negro da bomba → Cable negro da pila (GND)
Neste relé en concreto (do kit Keyestudio), o terminal do medio é o COM (común) e o da esquerda é o NO (normalmente aberto). A bomba só recibe corrente cando o relé se activa.
Resumo dos cables:
- Vermello: da pila → relé → bomba (só cando se activa)
- Negro: da bomba → negativo da pila