Saltar navegación

Proxecto: Predición de supervivencia no Titanic

Supervivinte ou non supervivinte...esa é a cuestión


Ídesvos converter en persoal experto en ciencia de datos! Empregaredes todo o que aprendestes sobre IA para crear un modelo capaz de prever quen tiña máis posibilidades de sobrevivir ao desastre do Titanic.  

Titanic
Francis Godolphin Osbourne Stuart. Titanic (CC0)


Que ides facer?

 Explorar datos reais do Titanic e entender os patróns ocultos. 

 Limpar e preparar os datos para que o modelo os interprete correctamente.

 Analizar factores como idade, clase e prezo do billete para prever a supervivencia. 

Escoller e adestrar modelos de IA, desde técnicas clásicas ata redes neuronais.  

  Avaliar os resultados e aprender a mellorar as predicións.  

 Reflexionar sobre como optimizar modelos para problemas reais no futuro.  

Por que é importante este proxecto?
A intelixencia artificial está transformando o mundo, desde a medicina ata a enxeñería. Aprender a construír modelos de IA permitiravos desenvolver habilidades clave para o futuro: análise crítica, resolución de problemas e pensamento computacional.  

Traballaredes en parellas, debatendo ideas, investigando e tomando decisións como profesionais!  

Se precisades axuda en calquera momento, debatede coa vosa parella e explorade diferentes solucións coa axuda da IA. A aprendizaxe na intelixencia artificial é un reto, o resultado, depende da vosa curiosidade!