Saltar navegación

6. Tarefa final: Club de debate

O noso reto: un club de debate

persoas preparando un debate
PxHere. Debate (Dominio público)

Participar nun club de debate é moito máis ca falar en público: é unha oportunidade para escoitar, reflexionar, contrastar ideas e defender opinións con argumentos sólidos e respectuosos. Nas seguintes sesións, aprenderemos a investigar, seleccionar información fiable, preparar intervencións e expresarnos de maneira clara e convincente.

Como reto final, imos organizar un debate sobre un tema que nos toca de preto: o papel das mulleres nos espazos públicos e monumentos da nosa vila. Reflexionaremos sobre a visibilidade das mulleres na memoria colectiva, na toponimia, nas estatuas ou placas conmemorativas, e analizaremos se existe ou non unha representación equilibrada.

Será unha ocasión para mellorar as nosas habilidades comunicativas e, ao tempo, facer unha proposta crítica e construtiva sobre como contar a historia da nosa vila dun xeito máis inclusivo.

🎯 Que se aprende nun club de debate?
A comunicar de forma oral con eficacia e seguridade.
A organizar ideas e construír argumentos sólidos.
A escoitar activamente e respectar outras opinións.
A responder con intelixencia a quen pensa diferente.
A traballar en equipo e a cooperar para defender unha postura.


🧠 Que o fai especial?
Un club de debate non é unha pelexa de ideas, senón un exercicio de diálogo argumentado, onde se valora máis a calidade das razóns que se presentan que “gañar” unha discusión. É tamén unha oportunidade para pensar con profundidade sobre cuestións sociais, culturais, ambientais ou éticas, e para aprender a participar como cidadáns activos.

Agora avalíasnos ti

Rúbrica para avaliar a participación no debate
 Nivel 1Nivel 2Nivel 3Nivel 4
Claridade e coherenciaAs ideas exprésanse con claridade, lóxica e cohesión. (2)As ideas son comprensibles, aínda que con algunhas vacilacións. (1.25)Ás veces cústase seguir o fío argumental. (0.75)As ideas son confusas ou contraditorias. (0.25)
Uso da lingua galegaUso correcto, fluído e axeitado do galego; variedade léxica e rexistro axeitado. (2)Uso correcto en xeral, con algunhas pequenas incorreccións. (1.25)Algúns erros que dificultan a comprensión ou rexistro pouco axeitado. (0.75)Uso deficiente do galego ou difícil comprensión. (0.25)
Argumentación e exemplosArgumentos sólidos, ben desenvolvidos e con exemplos relevantes. (2)Bos argumentos, aínda que mellorables nalgún aspecto. (1.25)Algúns argumentos febles ou pouco desenvolvidos. (0.75)Faltan argumentos ou son irrelevantes. (0.25)
Réplica e actitude de escoitaResponde de forma respectuosa e eficaz ás intervencións contrarias. (2)Replica con respecto, pero sen profundidade. (1.25)Ten dificultade para responder ou mantén unha postura ríxida. (0.75)Non responde ou interrómpe sen respectar as quendas. (0.25)
Uso de recursos expresivosEmprega adecuadamente a voz, o xesto, a mirada e a entoación para reforzar. (2)Utiliza ben algúns recursos expresivos. (1.25)Uso moi limitado ou artificial dos recursos expresivos. (0.75)Non emprega recursos expresivos ou distráen da mensaxe. (0.25)

Alexandra Pacheco. Rúbrica para avaliar a participación no debate (CC BY-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Feito con eXeLearning (Nova xanela)