Saltar navegación

Comportamentos antisociais

A seguinte historia ten dous personaxes. Un deles presenta comportamento antisocial mentres que o outro é ao contrario. Saberías dicir quen e quen?

O misterio do parque encanto 

Bruno e Sofía visitaron un parque máxico onde se dicía que a natureza falaba a quen a respectaba. Sofía, sempre amable, coidou as plantas e recolleu o lixo, mentres que Bruno arrincou flores e ensuciou o lugar sen preocuparse. Á noitiña, Sofía viu como as flores brillaban e escoitou un rumoreo no vento contándolle historias antigas. Bruno, en cambio, só viu escuridade e silencio. Confundido, preguntou que pasaba, e o vento respondeulle: "A maxia só se revela a quen sabe coidar dela". Desde ese día, Bruno comezou a cambiar a súa actitude.

presenta comportamentos antisociais. 

Activar JavaScript

Poñémolo máis difícil

No pobo de Luminaria, dous amigos, Elena e Martín, participaban nun concurso de enigmas organizado polo ancián sabio do pobo. A proba final consistía en cruzar un bosque escuro e atopar unha chave dourada escondida entre as árbores.

Elena avanzou con cautela, observando cada pista e asegurándose de non danar a contorna. Martín, doutra banda, era máis audaz; rompeu ramas para abrirse camiño e moveu pedras sen preocuparse polo que puidese haber debaixo.

Cando chegaron ao centro do bosque, atoparon dous cofres idénticos. Sen dubidar, Martín tomou un e abriuno, pero só atopou aire baleiro. Elena, en cambio, analizou o seu con paciencia e descubriu a chave dourada oculta nun dobre fondo.

ten comportamentos antisociais.

Activar JavaScript

Aínda máis difícil. Porque non todo é o que parece a primeira vista

Nun pobo costeiro, Lucía e Andrés competían nunha carreira para atopar unha perla rara na praia. Lucía avanzou rapidamente, apartando rocas e revolvendo a area sen dubidar. Andrés, máis pausado, observaba con atención cada recuncho.

Cando Lucía atopou a perla primeiro, gardouna sen dicir nada, aínda que viu outra cerca. Andrés, ao chegar, achou a segunda e, riseira, correu a mostrala. Ao final, ambos foron premiados, pero só un compartiu o seu achado.

 presenta codutas antisociais.

Activar JavaScript

Feito con eXeLearning (Nova xanela)