| 1.2 | Selecciona, organiza e aplica, de forma guiada, numerosas estratexias e coñecementos adecuados en situacións comunicativas cotiás sobre presentarse, presentar a alguén e realizar descricións físicas, para captar o sentido global e procesar informacións explícitas en textos diversos. (2) | Selecciona, organiza e aplica, de forma guiada, varias estratexias e coñecementos adecuados en situacións comunicativas cotiás sobre presentarse, presentar a alguén e realizar descricións físicas, para captar o sentido global e procesar informacións explícitas en textos diversos. (1,75) | Aplica, de forma guiada, algunhas estratexias e coñecementos relacionados en situacións comunicativas cotiás sobre presentarse, presentar a alguén e realizar descricións físicas, para captar o sentido global e procesar informacións explícitas en textos diversos. (1,5) | Aplica, de forma guiada, algunhas estratexias e coñecementos básicos en situacións comunicativas cotiás sobre presentarse, presentar a alguén e realizar descricións físicas, para captar o sentido global en textos diversos. (1) | Non aplica, de forma guiada, ningunha estratexias nin coñecementos básicos para captar o sentido global. (0-0,75) |
|---|
| 1.6 | Sempre planifica e participa en situacións interactivas de intercambios breves de información sobre presentacións persoais, propias e dun compañeiro, e descricións físicas, a través de diversos soportes, apoiándose en recursos tales como a repetición, o ritmo pausado ou a linguaxe non verbal, e mostrando empatía e respecto pola cortesía lingüística e a etiqueta dixital, así como polas diferentes necesidades, ideas e motivacións das e dos interlocutores. (2) | Con frecuencia planifica e participa en situacións interactivas de intercambios breves de información sobre presentacións persoais, propias e dun compañeiro, e descricións físicas, a través de diversos soportes, apoiándose en recursos tales como a repetición, o ritmo pausado ou a linguaxe non verbal, e mostrando empatía e respecto pola cortesía lingüística e a etiqueta dixital, así como polas diferentes necesidades, ideas e motivacións das e dos interlocutores. (1,75) | Adoita participar en situacións interactivas de intercambios breves de información sobre presentacións persoais, propias e dun compañeiro, e descricións físicas, a través de diversos soportes, apoiándose en recursos tales como a repetición, o ritmo pausado ou a linguaxe non verbal, e mostrando respecto pola cortesía lingüística e polos interlocutores. (1,5) | Adoita participar en situacións interactivas de intercambios breves de información sobre presentacións persoais, propias e dun compañeiro, e descricións físicas, apoiándose en algún recurso (a repetición, o ritmo pausado ou a linguaxe non verbal), e mostrando respecto polos interlocutores. (1) | Non participa en situacións interactivas de intercambios breves de información. (0-0,75) |
|---|
| 1.7 | Selecciona, organiza e utiliza, de forma guiada, en situacións cotiás, numerosas estratexias elementais para saudar, despedirse e presentarse; formular e contestar preguntas sinxelas; expresar mensaxes e iniciar e terminar a comunicación. (2) | Organiza e utiliza, de forma guiada, en situacións cotiás, estratexias elementais variadas para saudar, despedirse e presentarse; formular e contestar preguntas sinxelas; expresar mensaxes e iniciar e terminar a comunicación. (1,75) | Utiliza, de forma guiada, en situacións cotiás, varias estratexias elementais para saudar, despedirse e presentarse de xeito básico; formular e contestar preguntas moi sinxelas; expresar mensaxes básicas e iniciar e terminar a comunicación. (1,5) | Utiliza, de forma moi guiada, en situacións cotiás, algunha estratexia elemental para saudar, despedirse e presentarse de xeito básico; iniciar e terminar a comunicación. (1) | Non utiliza estratexias elementais para saudar, despedirse nin presentarse de xeito básico; iniciar nin terminar a comunicación. (0-0,75) |
|---|
| 1.9 | Selecciona e aplica, de forma guiada, numerosas estratexias básicas que axuden a crear pontes e faciliten a comprensión e produción de información sobre presentacións persoais e descricións físicas e a comunicación fluída, adecuados ás intencións comunicativas, as características contextuais e a tipoloxía textual, usando, con axuda, recursos e apoios físicos ou dixitais en función das necesidades de cada momento. (1,5) | Selecciona e aplica, de forma guiada, estratexias básicas variadas que axuden a crear pontes e faciliten a comprensión e produción de información sobre presentacións persoais e descricións físicas e a comunicación fluída, adecuados ás intencións comunicativas e as características contextuais, usando, con axuda, recursos e apoios físicos ou dixitais. (1,25) | Aplica, de forma guiada, varias estratexias básicas que faciliten a comprensión e produción de información sobre presentacións persoais e descricións físicas, adecuados ás intencións comunicativas, usando, con axuda, recursos e apoios físicos ou dixitais. (1) | Aplica, de forma guiada, algunha estratexia moi básica que facilite a comprensión e produción de información sobre presentacións persoais e descricións físicas, usando, con axuda, recursos e apoios físicos ou dixitais. (0,75) | Non aplica ningunha estratexia que facilite a comprensión e produción de información. (0-0,5) |
|---|
| 2.2 | Sempre utiliza e diferencia de forma progresivamente autónoma os coñecementos e estratexias de mellora da súa capacidade de comunicar e de aprender a lingua estranxeira, con apoio doutros participantes e de soportes analóxicos e dixitais. (1,5) | Con frecuencia utiliza de forma progresivamente autónoma os coñecementos e estratexias de mellora da súa capacidade de comunicar e de aprender a lingua estranxeira, con apoio doutros participantes e de soportes analóxicos e dixitais. (1,25) | Adoita utilizar de forma progresivamente autónoma os coñecementos de mellora da súa capacidade de aprender a lingua estranxeira, con apoio doutros participantes e de soportes analóxicos e dixitais. (1) | Adoita utilizar algúns coñecementos de mellora da súa capacidade de aprender a lingua estranxeira. (0,75) | Non utiliza coñecementos nin estratexias de mellora da súa capacidade de aprender a lingua estranxeira. (0-0,5) |
|---|
| 3.1 | Sempre actúa con aprecio e respecto en situacións interculturais, construíndo vínculos entre as diferentes linguas e culturas, e mostrando rexeitamento ante calquera tipo de discriminación, prexuízo e estereotipo en contextos comunicativos cotiáns e habituais. (1) | Sempre actúa con aprecio e respecto en situacións interculturais, mostrando rexeitamento ante calquera tipo de discriminación, prexuízo e estereotipo en contextos comunicativos cotiáns e habituais. (0,85) | Con frecuencia actúa con respecto en situacións interculturais, mostrando rexeitamento ante calquera tipo de discriminación, prexuízo e estereotipo. (0,7) | Adoita actuar con respecto en situacións interculturais, mostrando rexeitamento ante calquera tipo de discriminación. (0,5) | Non actúa con aprecio e respecto en situacións interculturais. (0-0,25) |
|---|