AGFAL - AVALIACIÓN FONOLÓXICA EN GALEGO
Unha das alteracións mais frecuentes que podemos atopar dentro das aulas relacionadas ca fala son as dificultades articulatorias.
Na práctica educativa atopámonos, á hora de avaliar a articulación dos nenos, con que a maioría dos instrumentos dispoñibles están elaborados en lingua castelá.
Nembargantes moitos nenos escolarizados en Galicia teñen como lingua materna o galego.
Isto supón, por distintos motivos, que estes recursos deixan de ser válidos para avaliar aos nenos galegofalantes.
Por un lado, só teñen en conta os fonemas presentes no castelán deixando sen avaliar algúns fonemas da nosa lengua ( / , ɛ , ɔ /)
Por outro lado, as imaxes están deseñadas para evocar un vocabulario que expresado en castelá conteña o fonema que se pretende avaliar.
Pero se estes conceptos son expresados en galego a miúdo atopámonos con que a palabra non contén o fonema en cuestión.
De este xeito, consideramos necesario para o noso traballo diario dispor dunha ferramenta que nos permita levar a cabo unha avaliación do repertorio articulatorio completo dos nenos galego-falantes.
Aínda que este material está elaborado especialmente para os nenos que utilizan como primeira lingua o galego, hai que ter en conta a posibilidade de que exista unha situación de bilingüismo e o neno poda, ante unha imaxe determinada usar vocabulario en castelá que podería non conter o fonema obxecto de avaliación. Para evitar isto, procuramos, dentro do posible, que o fonema en cuestión estivese presente no léxico de ámbalas linguas,
Á hora de seleccionar o vocabulario tivose tamén en conta outros criterios como:
- Intentar que non dependese a súa adquisición do nivel curricular para así poder abranguer a
maior franxa de idade posible. - Seleccionar palabras curtas para que o efecto lonxitude non repercutise na pronunciación.
- Buscar palabras de uso frecuente no idioma galego aínda que nalgúns grupos consoánticos,
ditongos ou nalgunha posición do fonema non fose sinxelo debido á sua baixa frecuencia. - Usar conceptos concretos e doadamente imaxinables.
Para elexir as imaxes procuramos:
- Utilizar debuxos doadamente recoñecibles por nenos de distintas idades.
- Evitar imaxes que poidan suxerir distintos conceptos ou palabras sinónimas.