Guía Didáctica
Guía didáctica de Hello, Email Pals!
Guía didáctica de Hello, Email Pals!
Sobresaliente | Notable | Ben | Suficiente | Insuficiente | |
---|---|---|---|---|---|
1.2 | Selecciona e aplica, de forma guiada, numerosas estratexias axeitadas en situacións comunicativas variadas, para captar o sentido global e procesar informacións explícitas en textos breves e sinxelos sobre gustos deportivos e de lecer. (2) | Selecciona e aplica, de forma guiada, varias estratexias axeitadas en situacións comunicativas variadas, para captar o sentido global e procesar informacións explícitas en textos breves e sinxelos sobre sobre gustos deportivos e de lecer. (1,75) | Selecciona e aplica, de forma guiada, algunha estratexias en situacións comunicativas variadas, para captar o sentido global e procesar algunha información explícita en textos breves e sinxelos sobre sobre gustos deportivos e de lecer. (1,5) | Selecciona e aplica de forma guiada algunha estratexia en situacións comunicativas variadas, para captar o sentido global en textos breves e sinxelos sobre sobre gustos deportivos e de lecer. (1) | Non selecciona nin aplica de forma guiada ningunha estratexia para captar o sentido global de textos breves e sinxelos. (0-0,75) |
1.5 | Selecciona e aplica, de forma guiada, numerosas estratexias para producir mensaxes breves sobre gustos deportivos e de lecer adecuadas ás intencións comunicativas, usando, con axuda, recursos e apoios físicos ou dixitais. (2) | Selecciona e aplica, de forma guiada, varias estratexias para producir mensaxes breves sobre gustos deportivos e de lecer adecuadas ás intencións comunicativas, usando, con axuda, recursos e apoios físicos ou dixitais. (1,75) | Selecciona e aplica, de forma guiada, algunhas estratexias para producir mensaxes breves sobre gustos deportivos e de lecer adecuadas ás intencións comunicativas, usando, con axuda, recursos e apoios físicos ou dixitais. (1,5) | Selecciona e aplica, de forma guiada, algunha estratexia para producir mensaxes breves sobre gustos deportivos e de lecer, usando, con axuda, recursos e apoios físicos ou dixitais. (1) | Non selecciona nin aplica de forma guiada ningunha estratexia para producir mensaxes breves. (0-0,75) |
1.7 | Selecciona e utiliza, de forma guiada e en situacións cotiás, numerosas estratexias elementais para expresar mensaxes breves e formular e contestar preguntas sinxelas sobre gustos deportivos e de lecer. (2) | Selecciona e utiliza, de forma guiada e en situacións cotiás, varias estratexias elementais para expresar mensaxes breves e formular e contestar preguntas sinxelas sobre gustos deportivos e de lecer. (2) | Selecciona e utiliza, de forma guiada e en situacións cotiás, algunhas estratexias elementais para expresar mensaxes breves e formular e contestar preguntas sinxelas sobre gustos deportivos e de lecer. (1,5) | Selecciona e utiliza, de forma guiada e en situacións cotiás, algunha estratexia elemental para expresar mensaxes breves sobre gustos deportivos e de lecer. (1,25) | Non selecciona nin aplica de forma guiada ningunha estratexia para producir mensaxes breves. (0-1) |
1.9 | Selecciona e aplica, de xeito guiado, numerosas estratexias elementais que faciliten a comprensión e produción de información e a comunicación fluída, usando, con axuda, recursos e apoios físicos e dixitais. (1,5) | Selecciona e aplica, de xeito guiado, varias estratexias elementais que faciliten a comprensión e produción de información e a comunicación fluída, usando, con axuda, recursos e apoios físicos e dixitais. (1,25) | Selecciona e aplica, de xeito guiado, algunhas estratexias elementais que faciliten a comprensión e produción de información e a comunicación fluída, usando, con axuda, recursos e apoios físicos e dixitais. (1) | Selecciona e aplica, de xeito guiado, algunha estratexia elemental que facilite a comunicación fluída, usando, con axuda, recursos e apoios físicos e dixitais. (0,75) | Non selecciona nin aplica, de xeito guiado, ningunha estratexia elemental que facilite a comunicación. (0-0,5) |
2.2 | Sempre utiliza e diferencia, de forma guiada, coñecementos e estratexias de mellora da súa propia capacidade de comunicar e de aprender a lingua inglesa, con apoio doutros participantes e de soportes dixitais. (1,5) | Con frecuencia tiliza e diferencia, de forma guiada, coñecementos e estratexias de mellora da súa propia capacidade de comunicar e de aprender a lingua inglesa, con apoio doutros participantes e de soportes dixitais. (1,25) | Ás veces utiliza e diferencia, de forma guiada, coñecementos e estratexias de mellora da súa propia capacidade de comunicar e de aprender a lingua inglesa, con apoio doutros participantes e de soportes dixitais. (1) | Ás veces utiliza, de forma guiada, coñecementos e estratexias de mellora da súa propia capacidade de aprender a lingua inglesa, con apoio doutros participantes e de soportes dixitais. (0,75) | Non utiliza nin diferencia, de forma guiada, coñecementos nin estratexias de mellora da súa propia capacidade de aprender a lingua inglesa. (0-0,5) |
3.2 | Sempre recoñece e aprecia a diversidade lingüística, cultural e artística propia de países anglófonos como fonte de enriquecemento persoal, amosando interese por comprender elementos culturais e lingüísticos elementais que fomenten a convivencia pacífica e o respecto polos demais. (1) | Con frecuencia recoñece e aprecia a diversidade lingüística, cultural e artística propia de países anglófonos como fonte de enriquecemento persoal, amosando interese por comprender elementos culturais e lingüísticos elementais que fomenten a convivencia pacífica e o respecto polos demais. (0,85) | Recoñece e aprecia a diversidade lingüística e cultural propia de países anglófonos como fonte de enriquecemento persoal, amosando interese por comprender elementos culturais e lingüísticos elementais. (0,70) | Aprecia a diversidade lingüística e cultural propia de países anglófonos. (0,5) | Non aprecia a diversidade lingüística e cultural propia de países anglófonos. (0-0,25) |
Listaxe do material multimedia empregado neste ODE.
Guía de instalación deste ODE.
Licensed under the Creative Commons Attribution Share Alike License 4.0