Saltar navegación

1. O Porriño

 

Uxía, Martiño, Antía e Xan están facendo o Camiño de Santiago Portugués con outros compañeiros e mestres do seu colexio.

Hoxe ás 8 da mañá comezaron a ruta en Tui. Agora, apenas catro horas máis tarde, acaban de chegar ao Porriño tras camiñar 18 km.

Como teñen permiso para coñecer a vila libremente (sempre que vaian como mínimo en grupos de catro), Martiño e Antía, que son os máis planificadores, enseguida comezan a contarlle aos seus amigos os puntos de interese e celebracións máis salientables da localidade: a Casa do Concello, o templete que Antonio Palacios deseñou como entrada ao metro da Gran Vía madrileña, o Festival de Cans, Porrigalia...

- Se teñen un festival para cans tamén deberían ter un festival para gatos! - exclama Xan pensando na súa mascota. 

- O Festival de Cans é un festival de curtametraxes! - infórmalle Martiño entre risas.

- Mirade! Ese é Gabri Veiga! O xogador do Celta!- grita Uxía emocionada. 

Ler con pictos premendo aquí

Feito con eXeLearning (Nova xanela)