- Notáchedes que nesta cidade circulan poucos coches? - pregunta unha mestra.
- Debe ser porque é unha cidade pequena e podes ir camiñando a calquera lugar - comenta un neno.
- As vilas que visitamos estes días eran máis pequenas pero non tiñan tantas zonas peanais -recoñece Antía.
- Pontevedra loita contra o cambio climático e fomenta a movilidade sostible. De feito, aquí moitos alumnos e alumnas van camiñando a clase a través de itinerarios seguros, evitando a contaminación innecesaria - engade a mestra.
- Nós tamén poderíamos ir a pé ao colexio pero ás veces somos lacazáns e para aforrar tempo ou non coller o paraugas imos en coche. Deberíamos esforzarnos máis para axudar a mellorar o planeta - di Antía.
- Que outras accións poderíamos levar a cabo?