- Que calor! Cando preparei a mochila na casa non imaxinei que as temperaturas serían tan altas - comenta Martiño-. Creo que trouxen camisetas demasiado abrigosas.
- Non consultaches a predición meteorolóxica para planificar a roupa para estes días? - pregunta Antía-.
- Meteo que?
- Meteorolóxica. A que se basea nos fenómenos que teñen lugar na atmosfera.
- Eu non me fío desas cousas. O home do tempo nunca acerta - intervén un compañeiro-.
- Os meteorólogos non son adiviños. Empregan datos recollidos en estacións meteorolóxicas e a través dos satélites para calcular as posibilidades de chuvia e a temperatura aproximada, pero non teñen unha bóla máxica para ler o futuro.
Ante a cara de desconcerto dos seus amigos, Antía explícalles que é unha estación meteorolóxica e os aparellos que teñen.

