A cúpula é a cuberta superior dos faros, para protexer a lanterna da chuvia, sarabia...
Ás veces na cuberta colócanse antenas, paneis solares, receptores de radio ou calquera outro elemento que sexa preciso.
Lanterna
A lanterna é o espazo onde se encontra o foco luminoso do faro, chamado lámpada.
Tamén é a ubicación do mecanismo xiratorio que fai que a luz dea voltas.
Está protexida por unha vidrieira e, cando o faro está próximo a vivendas, colócase unha peza opaca pola parte de atrés para evitar a contaminación lumínica.
Balcón
Os faros poden ter un ou varios balcóns.
Os balcóns rodean o faro para poder acceder á lanterna desde a parte de fóra e facilitar a limpeza e reparación da vidrieira.
Torre
A torre é a estrutura que lle proporciona ao faro a altura suficiente para que a súa luz se poida observar desde lonxe.
Pode variar na forma: redonda (Faro de Punta Roncadoira), cadrada (Torre de Hércules), hexagonal (faro de Cabo Prior), octogonal (Faro de Ons)
Dentro da torre atópase a sala de control do faro e, se non ten edificio base, a casa do torreiro e as diferentes salas para o funcionamento do faro.
Base
A base da torre pode ser un edificio, como vemos no Faro de Ons ou no de Fisterra.
Algúns faros non teñen edificio, senón que se asentan nunha base un pouco máis ancha que a torre, por exemplo a Torre de Hércules ou o Faro de Cabo Ortegal.
Se o faro conta con edificio base, aí é onde se atopa a vivenda do fareiro e as salas de mantemento e control do faro.