A maqueta dun faro

- Ides facer a maqueta dun faro. O faro debe ser imaxinario, pero podedes buscar inspiración nos faros reais.
- A continuación tedes unha lista de materiais suxeridos, pero podedes utilizar outros que se vos ocurran.
MATERIAIS
Tubo de cartón do papel de cociña |
Escarvadentes |
Cono de porexpán |
Depresores |
Caixas de cartón |
Pedriñas |
Algodón |
Témperas |
DESEÑO E MONTAXE
- Traballade en grupos de 4 persoas.
- En primeiro lugar, elixide os elementos que queredes que teña o voso faro: varanda, rochas, edificio anexo, valado...
- Unha vez que teñades claros os elementos, seleccionade os materiais que ides precisar.
- Se non atopades algún material ou non sabedes que material utilizar, podedes preguntar ao resto da clase.
- Cando teñades todos os materiais, montade e decorade o voso faro.
Tubo de cartón do papel de cociña
Escarvadentes
Cono de porexpán
Depresores
Caixas de cartón
Pedriñas
Algodón
Témperas