Saltar navegación

DESEÑA

A COR NA OBRA DE MARUJA MALLO

  • A obra de Maruja Mallo atravesou catro etapas diferenciadas.
  • A cor xogou un papel importante en cada unha destas etapas para representar os seus sentimentos.
Fotografía de Maruja Mallo
Descoñecido. Wikimedia Commons. Maruja Mallo (Dominio público)

1ª etapa. Vitalidade

  • Nesta etapa as súas obras eran escenas festivas, cheas de cor, alegría e vitalidade.
La verbena. Cadro de Maruja Mallo
Maruja Mallo. Museo Reina Sofía. La verbena (Uso lexítimo)

2ª etapa. Putrefacción

  • Nesta etapa case non utilizaba cor e representaba corpos desmembrados, suciedade, animais mortos...
Antro de fósiles. Cadro de Maruja Mallo
Maruja Mallo. Museo Reina Sofía. Antro de fosiles (Uso lexítimo)

3ª etapa. Naturezas vivas

  • Maruja Mallo exiliouse primeiro a Portugal e logo á Arxentina por mor da Guerra Civil.
  • Neste momento volve a descubrir a natureza e represéntaa utilizando as gamas de cores similiares.
Canto de las espigas. Cadro de Maruja Mallo
Maruja Mallo. Museo Reina Sofía. Canto de las espigas (Uso lexítimo)

Última etapa. Surrealismo futurista

  • Nesta etapa volve a utilizar variedade de cor e inclúe na súa pintura naves espaciais, planetas...
Viajeros del éter. Cadro de Maruja Mallo
Maruja Mallo. Museo Reina Sofía. Viajeros del éter (Uso lexítimo)

DESEÑA UN CARTEL

Duración:
2 sesións
Agrupamento:
Parellas
Logotipo loita feminista en cor morada
Wikimedia Commons. Womanpower logo (Dominio público)

A TAREFA

Pictograma cartel Ides deseñar un cartel para o 8M que conteña un lema e unha imaxe ou logotipo da vosa creación.

Pictograma acordar Tedes que chegar a acordos e valorar todas as ideas propostas.

MATERIAIS

Pictograma folio Folios e cartolinas tamaño A4

Pictograma cor violeta Ceras, rotuladores, témperas... da gama de cor violeta.

Pictograma material escritura Lapis, goma e rotulador negro.

DESEÑO

Pictograma escribir Primeiro debedes elixir o lema. Utilizade as imaxes do carrusel para inspirarvos.

Pictograma debuxar Despois deseñade unha imaxe ou logotipo acorde co lema elixido.

ELABORACIÓN

Pictograma cartel Escribide o lema e debuxade a imaxe a lapis no voso cartel. Utilizade ben o espazo.

Pictograma entintar Dividide o traballo para pasar a tinta o debuxo e o lema co rotulador negro.

Pictograma colorear Dividide o traballo para dar cor ao cartel. Lembrade que debe estar coloreado na gama violeta.

PRESENTACIÓN

  Pictograma dar unha presentación Presentade o voso cartel aos compañeiros. Podedes utilizalo para decorar o centro polo 8M.

Feito con eXeLearning (Nova ventá)