Saltar navegación

CREA

O SURREALISMO

QUE É O SURREALISMO

  • Maruja Mallo foi unha grande representante do surrealismo, mais qué é o surrealismo?
  • A arte surrealista vai máis alá da realidade: comeza no imaxinario, na fantasía, mesmo nos nosos soños.
Paisaxe surrealista
2234701 en Pixabay. Steampunk (Licenza Pixabay)

SOÑO OU PESADELO?

  • Na arte surrealista as ideas flúen, non importa se teñen sentido ou non.
  • As nosas ideas poden representar o desexo de algo imposible ou o terror ante un ser maligno imaxinario.
Ollo surrealista
DangrafArt en Pixabay. Fantasy eye (Licenza Pixabay)

ALGÚNS EXEMPLOS

A VOSA OBRA SURREALISTA

Duración:
2 sesións
Agrupamento:
Parellas e individual
Imaxe surrealista dunha fiestra
konstantinorotkevich en Pixabay. Open window (Licenza Pixabay)

A TAREFA

Pictograma debuxar Ides elaborar unha obra de arte surrealista.

Pictograma acordar A vosa obra de arte debe recoller ideas dos dous membros da parella.

MATERIAIS

Pictograma folio Follas tamaño A4

Pictograma material escolar Material de debuxo

DESEÑO

Pictograma dialogar Primeiro debedes intercambiar ideas de soños, fantasías, pesadelos ou medos que queirades recoller na obra.

Pictograma lista Elaborade unha lista coas ideas aportadas.

ELABORACIÓN

Pictograma dibujar Cada un de vós, por separado, deberá elaborar a súa obra de arte surrealista incluíndo as ideas da lista.

Pictograma entintar Lembrade pasar a tinta o debuxo antes de colorear.

Pictograma colorear Por último coloreade a vosa obra de arte.

PRESENTACIÓN

  Pictograma dar unha presentación Comparade as vosas obras e presentádeas á clase indicando os elementos da lista que figuran nelas.

Feito con eXeLearning (Nova ventá)