A técnica do belisco
Observa a técnica do belisco para dar forma á arxila.
Materiais
- Arxila de calquera cor (branca, marrón, gris...).
- Un pouco de auga.
1. Amasado
- Amasa a arxila e dálle forma de bóla.
2. Primeira forma
- Fai un furado no medio da bóla co teu dedo polgar ou matapiollos.
3. Modelado con beliscos
- Partindo do furado, vai modelando a forma beliscando os bordos entre o dedo polgar e o índice.
4. Axudámonos coa auga
- Se queres dar máis altura á peza, ou meter os bordos cara adentro axúdate da auga.
- Molla os dedos para que a arxila sexa máis manexable.
5. As paredes laterais
- Axúdate da outra man mentres beliscas para modelar as paredes laterais da túa peza.
- Continúa beliscando ata que teñas a peza ao teu gusto e usa a auga sempre que o precises.
6. Suavizar os bordos
- Coa auga podes suavizar os bordos e as marcas que quedaran na arxila.
7. Peza rematada
- Deixa secar a túa peza durante 1 ou 2 días.
- Cando estea seca pódela pintar con témperas ou pintura acrílica.
- Tamén podes aplicar verniz ou Alkil se así o desexas.
- Elabora un obxecto de arxila utilizando a técnica do belisco.
- Proba con diferentes formas, lembra que podes volver a empezar utilizando auga.