Saltar navegación

CREA

OUTRAS TÉCNICAS E MATERIAIS

Cunca decorada con cuño e la

  • Imos probar unha técnica diferente: o molde.
  • Tamén imos utilizar dous elementos decorativos: a la e o cuño que fixemos na primeira actividade.

MODELAMOS UNHA CUNCA

  • Observa a técnica do molde para facer unha cunca.

Materiais

Arxila e auga Rodete Cunca que serve de molde Cortador de plastilina Paus de espetos

  • Arxila braca ou gris e auga.
  • Rodete plano.
  • Molde (unha cunca pequena).
  • Coitelo ou cortador de plastilina.
  • Pau de espeto para facer os buracos.

1. Aplanamos

Arxila aplanada

  1. Amasamos a arxila formando unha bóla.
  2. Aplanamos ben a arxila co rodete.

2. Medimos

A cunca boca abaixo para coller a medida Arxila marcada para separar o círculo A arxila colle a forma da cunca

  1. Colocamos a cunca sobre a arxila boca abaixo para servir de modelo.
  2. Recortamos a circunferencia a unha distancia de 1 cm do bordo da cunca.
  3. Colocamos o círculo de arxila dentro da cunca e aplanamos ben para que colla a forma.

3. Base e buracos

Foto da cunca e da base Foto facendo os buracos

  1. Coa arxila sobrante facemos a base da nosa cunca.
  2. Co pau de espeto facemos buracos arredor do bordo da masa.

4. Secado

Foto da cunca boca abaixo

  1. Desmoldamos a cunca e pegamos a base con auga.
  2. Deixamos secar 1 ou 2 días.

5. Peza rematada

Foto da cunca rematada

DECORÁMOLA

  • A continuación atoparás os pasos para decorar a cunca.

Materiais

Agullas de plástico para la Nobelo de la Cuño

  • Agulla de plástico para coser la.
  • La
  • Cuño feito na primeira actividade.

1. O reberete

Foto do reberete de la

  1. Cortamos un trozo longo de la.
  2. Dobrámolo á metade e enroscámolo varias veces sobre si mesmo.
  3. Facemos un nó no extremo para que non se desfaga. Xa temos o reberete.

2. Axustar

Foto medindo o reberete na cunca Abrimos o extremo solto para meter o nó Introducimos o nó no extremo solto Reberete sobre a cunca

  1. Medimos o reberete ao redor da cunca para comprobar a súa lonxitude.
  2. Facemos outro nó na lonxitude precisa e cortamos o exceso.
  3. Enlazamos o nó polo outro extremo.

3. Coser

Agulla enfiada coa la A primeira puntada Damos 4 puntadas en cada buraco Pasamos ao seguinte buraco

  1. Enfiamos a agulla e imos empezando a pasar o fío polos buracos.
  2. Facemos un nó pola parte de dentro no buraco onde comezamos.
  3. Damos 4 pasadas en cada buraco e pasamos ao seguinte.
  4. Cando cheguemos ao final, facemos un nó e escondémolo no interior da cunca.

4. Cuñar e rematar

A cunca co cosido rematado Cunca decorada co cuño

  • Utilizamos o cuño para decorar a cunca por fóra e por dentro se queremos.
  • Xa está rematada!

GALERÍA DE EXPOSICIÓNS

Exposición de cerámica
Koppchen en Wikimedia Commons. Museo (CC BY)
  • Con todas as vosas creacións artísticas ides organizar unha exposición para todo o colexio.
  • Tamén podedes invitar ás familias a ver as vosas obras de arte.

Feito con eXeLearning (Nova ventá)