O proxecto “integración dun espazo maker na aula de primaria II” amplía a proposta didáctica iniciada o curso 2019/20, neste caso enfocada para desenvolver e potenciar iniciativas formativas no marco do ámbito STEAM (ciencia-tecnoloxía-enxeñaría-arte-matemáticas) utilizando novos materiais. Para isto, realizaranse 6 pequenos proxectos en formato ODE onde o alumando terá que elaborar unha produción material de deseño propio atendendo ás premisas e obxectivos de cada proxecto. O seu deseño e elaboración está enfocado ao alumnado de Educación Primaria con coñecementos previos de robótica e parte da premisa de ser unha prolongación do proxecto de centro “introdución da robótica educativa en primaria” da Xunta de Galicia, polo que o alumnado non parte de cero a nivel de coñecementos neste tema.