Saltar la navegación

Coñecementos previos

Demostra canto sabes do tema.

O traballo en equipo na aula é moi motivador, integrador e crea dinámicas de cooperación e colaboración moi interesantes. Pero, que pasa se cambiamos o traballo en equipo polo xogo en equipo? Para poder xogar precisamos saber as normas de xogo, entender a dinámica de quendas e respectar a todos os xogadores. Seguro que os nosos alumnos/as xa coñecen algúns xogos de mesa. Imos facer unha chuvia de ideas falando dos xogos que coñecemos e das regras comúns ou distintas entre uns e outros.  Logo podemos falar de cales son os nosos xogos favoritos e os que menos nos gustan e por que. No seguinte recurso interactivo temos unha infografía sobre as características dos xogos de anticipación de accións que proxectaremos na pizarra dixital interactiva e coa que nos achegaremos aos xogos cos que imos traballar.