A linguaxe audiovisual é xa na actualidade a nova linguaxe da educación, e achegando á alfabetización clásica unha nova perspectiva co coñecemento da indispensable alfabetización audiovisual acorde co desenvolvemento científico e cultural das nosas sociedades estamos ante unha transformación de fondo calado que non ainda ten moito por percorrer para integrase de cheo no ensino secundario.
O novo contexto de dispositivos, os servizos dixitais e as innovacións metodolóxicas están a socializar o progreso da integración da linguaxe audiovisual nas aulas. O uso de libros de texto dixitais, os contidos compartidos na rede e as plataformas educativas interactivas e de sistemas baseados na internet son unha a oportunidade para a incorporación do audiovisual na educación pública.
Ao fomentar o uso do audiovisual nas aulas, todos os servizos educativos dixitais, como os recursos contidos no espazo Abalar da Xunta, potenciaranse automaticamente.
A mellora progresiva das condicións tecnolóxicas dos centros educativos en España favorece a integración das TIC na educación, aínda que deban vencerse aínda problemas de índole organizativo e institucional para a súa completa integración: espazos, horarios, rutinas, formación do profesorado, etc.