Saltar navegación

1. Contidos

Os dispositivos móbiles facilítannos multitude de recursos para elaborar animacións e video-creacións. Temos a posibilidade de capturar imaxes e editar unha animación stop motion cunha aplicación para o teléfono móbil ou de realizar debuxos secuenciados nunha tablet ou teléfono móbil. Para animar debuxos cadro a cadro, emulando os taboleiros de transparencias para debuxos animados que utilizaban en Walt Disney hai aplicacións para tablet ou móbil como animation desk. A aplicación facilita unha transparencia sobre o debuxo anterior ou a posibilidade de copiar o ultimo debuxo para facerlle pequenas variacións cunha ampla gama de ferramentas e de cores.


Neste exemplo unha alumna combina a técnica de animación 2D coa de stop motion.


A maxia da animación consiste nunha sucesión de imaxes mostradas de forma mecánica que producen, grazas á persistencia  retiniana, unha sensación de movemento fluído. Ofrece moitas posibilidades plásticas e narrativas ao permitir dar renda solta á creatividade dos artistas para realizar secuencias narrativas moi orixinais.

A secuencia é unha sucesión de feitos ou de elementos que gardan unha relación entre si e defínese como narrativo ao acto de contar unha historia.

Para a música e o audio temos a posibilidade de utilizar as nosas composicións ou aquelas compartidas con licenza creative commons. Actualmente youtube incorpora na súa bandexa de edición cancións que podemos engadir ao noso vídeo baixo este tipo de licenza.

Os  cinemagraphs tamén se coñecen como "fotos viventes". O efecto fai que só se reproduza unha área pequena dun vídeo, mentres que o resto permanece estático. Polo xeral, teñen un bucle continuo e infinito e crean efectos sorprendentes. Hai outras aplicacións que engaden efectos de movementos a fotografías, non son cinemagrah, conseguen efectos sobre imaxes estáticas.

A aplicación  cinemagraph consegue paralizar unha parte da imaxe da secuencia gravada. Todo permanece inmóbil excepto a zona que nós delimitamos borrando co dedo sobre unha transparencia azul que a aplicación mostra sobre a nosa gravación. No seguinte exemplo combínanse este recurso con outras técnicas.

 
Rápido, rápido, lento... Quedei xeado! , Cinemagraph, time lapse e stop motion.

Neste exemplo algunhas secuencias paraliceinas parcialmente coa aplicación extinguida echograph, combinándoas coa captura de imaxes temporalizada ou time lapse. Para obter un bo resultado é imprescindible utilizar un trípode para a cámara.

As aplicacións app tenden a mudar, desparecer ou cambiar de opcións gratuitas a de pago ou viceversa. Convén atopar as aplicacións de uso actualizado facendo unha busqueda na rede e investigar sobre a súas alternativas e opcións gratuitas.

Video-clip coas técnicas time-lapse e cinemagraph.