2.2 Recursos para as tarefas

sketchbook

Sketchbook é unha aplicación de software de gráficos de trama para debuxar, tanto para os rápidos bosquexos conceptuais como para as ilustracións completamente acabadas. Danos acceso a múltiples ferramentas creativas, rápidas e precisas, plumas, lapis, tintas, marcadores e máis de 190 pinceis personalizables que poden incorporar unha chea de trazos e texturas diferentes.

Tamén podes usar regras tradicionais e guías de elipse para obter liñas precisas, ou aceptar a axuda do asistente con simetría radial de 16 sectores e trazos predictivos que suavizan as liñas e corrixen as figuras. Ademais podes engadir textos ou imaxes, borrar con facilidade e traballar con capas. É unha APP sinxela, intuitiva e gratis para traballar coa túa tablet ou móbil.

 Skedio

Skedio é unha ferramenta para o debuxo baseado en vectores, tanto para creación como para corrección de ilustracións da alta calidade. De sinxelo uso e bos resultado. Ofrece variadas ferramentas coas que crear de forma libre, formas xeométricas, liñas rectas e curvas, transformacións como rotación, escalamento, desprazar, ou varios estilos de liña.


Filmora: esta aplicación para o ordenador é un editor de videos sinxelo onde podes traballar con imaxes en movemento, imaxes fixas ou  música. Ofréceche distintos Filtros, Capas, Transicións e Títulos Personalizados. Podes crear e expresarte sen límites. Aplica innumerables efectos e consegue un acabado refinado para o teu video.

Kizoa: Esta intuitiva e sinxela aplicación para o ordenador permíteche facer videos e presentacións con fotos, vídeos e música. Ademais podes engadir textos, efectos e transicións, así como modificalos tempos. O teu traballo pódelo compartir por e-mail, blogues, facebook, youtube e incluso gravalo en DVD ou descargalo en formato vídeo.


EzGif é un sinxelo creador de GIF en liña e un conxunto de ferramentas para a edición básica animada de GIF. Con esta APP podes crear, redimensionar, recortar, reverter, optimizar e aplicar algúns efectos a gifs. E tamén podes facer outras funcións un pouco máis rebuscadas pero igualmente útiles, como a aplicación de diferentes filtros e efectos, ou a propia creación de Gifs a partir de imaxes estáticas. 

Stopmotionstudio

StopMotion Studio é un editor versátil co que podes crear películas de animación fotograma a fotograma de alta definición en calquera lugar e ao instante no teu dispositivo móbil. Crea fantásticas películas e compárteas en Youtube, Facebook, .... Permite importar fotos desde a túa biblioteca. Dispón de función de vista previa instantánea para editar a túa película fotograma a fotograma e ver cómo está a quedar. Conta con función de superposición e reixas para asegurarte de que a próxima toma se axusta perfectamente. Axusta a velocidade do número de fotogramas por segundo. Tamén podes usar iMovie para engadir temas, títulos, transicións, efectos, títulos de crédito, efectos de son, ...


GeoGebra é un software para computador que permite o trazado dinámico de construcións xeométricas en 2D e 3D de todo tipo así como a representación gráfica, o tratamento alxebraico e o cálculo de funcións reais de variable real, as súas derivadas, integrais, etc...

                                                                       Mongge

Mongge: é un editor online de Debuxo Técnico deseñado para facilitar o estudo e a difusión de problemas xeométricos orientados a Educación Secundaria e Bacharelato. En Mongge, reprodúcense as técnicas de debuxo en papel, con regra e compás, e, ao mesmo tempo, aprovéitanse todas as facilidades que achega o computador para axilizar os procesos mecánicos de debuxo e centrarse na resolución de problemas xeométricos. Os exercicios creados con Mongge pódense resolver online pero se o prefires tamén poderás imprimilos e resolvelos en papel. As solucións aos exercicios móstranse como unha película animada. Isto permite examinar paso a paso o proceso de resolución dos problemas expostos e así facilitar a explicación, análise e avaliación dos exercicios.
Hai máis de 30.000 exercicios de Debuxo Técnico. Todos foron creados e publicados polos usuarios e serven a diario no seu traballo a miles de persoas.
Ver as solucións pode ser entretido, interesante e pódeche axudar a resolver as túas dúbidas máis rápido, pero é recomendable que tentes resolver os exercicios antes de reproducilas, é a mellor forma de sacarlle partido ao teu traballo.