Saltar la navegación

1. Contidos

Comezamola unidade recordando cales son os utensilios de traballo para o debuxo técnico.

    -Xogo de regras: ademais da regra milimetrada temos a escuadra, que é unha plantilla de forma triangular con dous ángulos de 45º e un de 90º, e o cartabón que é unha plantilla de forma triangular con ángulos de 30º, 60º e 90º.
     -O compás é un instrumento que se utiliza para trazar arcos e circunferencias, serve tamén para tomar e transportar medidas.

Imaxe de dominio público. Recuperada da Wikipedia

Faremos un repaso sobre a relación existente entre liñas rectas. Dúas ou máis rectas, segundo as súas posicións dicimos que son:

    -PARALELAS: cando dúas lineas se manteñen sempre a unha mesma distancia entre sí, e nunca se chegan a cortar. 

    -PERPENDICULARES: cando se cortan formando 4 ángulos rectos (90 graos).

    -SECANTES: cando se cortan formando ángulos distintos ao ángulo recto.

    -CONCORRENTES: cando dúas liñas chegan a xuntarse nun punto concreto.

Imos facer un repaso dos trazados básicos do debuxo técnico. Son procedementos moi útiles que nos facilitan a correcta realización de moitos exercicios polo que é importante saber colocalas regras de xeito cómodo e sinxelo para construír liñas paralelas, perpendiculares e a certas inclinacións con fluidez.
Construccións de ángulos coas reglas. 
      Ángulos de 45º
      Ángulos de 30º

      Ángulos de 60º
     Mediatriz: Recta perpendicular a un segmento que se traza no seu punto medio.

    Bisectriz: Semirrecta que parte do vértice dun ángulo e divídeo en dúas partes iguais. Os puntos pertencentes á bisectriz equidistan das dúas liñas que forman o ángulo.
     Perpendicular a unha recta por un extremo.
 
     
    División de segmento en partes iguais (uso do Teorema de Thales). No exemplo 5 partes iguais.
 
      División de ángulo recto en 3 iguais


      Triángulos: Figura xeométrica cerrada de tres lados e tres ángulos. Existe unha clasificación segundo a medida dos seus lados e dos seus ángulos:



Cuadriláteros: Figuras xeométricas de catro lados e catro ángulos. Como hai varios cuadriláteros diferentes atendendo a algunhas características, podemos facer unha pequena clasificación:

    - Paralelogramos: teñen os lados paralelos dous a dous.

    - Trapecios: teñen dous lados paralelos.

    - Trapezoide: non ten ningún lado paralelo.

Cadrado: Paralelogramo con catro lados iguais  e catro ángulos rectos. As diagonais son iguais e córtanse perpendicularmente polo seu punto medio.

Rectángulo: Paralelogramo cos lados iguais dous a dous e catro ángulos rectos. As súas diagonais son iguais e córtanse polo seu punto medio.

Rombo: Paralelogramo cos catro lados iguais e os ángulos iguais dous a dous. Unha diagonal é maior que a outra e cortaa perpendicularmente.

Romboide: Paralelogramo cos lados iguais dous a dous e os ángulos iguais dous a dous. Unha diagonal é maior que a outra.

Trapecio isóscele: ten dous lados paralelos coñecidos como bases e os ángulos son  iguais dous a dous.

Trapecio rectángulo: ten dous lados paralelos coñecidos como bases e dous ángulos rectos.

Trapecio escaleno: ten dous lados paralelos coñecidos como bases e os seus lados e ángulos son desiguais.

Trapezoide: Non ten ningún lado paralelo a outro. Os seus lados e ángulos son desiguais.