ABP2 Artistas Cooperativos
2. Lanzamento do proxecto
O lanzamento do proxecto realízase mediante un evento inicial que esperte nos alumnos a necesidade de saber e que xerará as preguntas guía que dirixirán o proxecto.
A partir da introdución e contextualización da arte urbana facemos patente a necesidade de mellorar a estética da nosa contorna. Diferenciamos o vandalismo gráfico das producións con sentido estético na historia do grafiti. Analizamos o impacto do muralismo na historia da arte a través de figuras como Diego Rivera. Facemos patente o impulso actual do muralismo e do grafiti como unha ferramenta de transformación en positivo de múltiples espazos urbanos.
Buscamos a pregunta guía (driving question) utilizando o obxecto de interese dos estudantes como punto de partida e conectamos creativamente os estándares de aprendizaxe. Aínda que tamén pode facerse ao revés, desenvolver a pregunta guía determinando primeiro os estándares de aprendizaxe a traballar como na presente Abp na que primeiro temos traballadas as actividades correlacionadas. Ao final, o importante é que a pregunta debe esixir aos estudantes para aprender habilidades e contidos co fin de responder a unha pregunta interesante para eles. Fonte INTEF
O produto final desta aprendizaxe é un mural realizado directamente sobre algunha das paredes do centro escolar ou da súa contorna. Solicitamos os permisos pertinentes e de non existir a necesidade creamos os murais sobre cartón, taboleiro ou papel de gran formato para ser expostos.
Exemplos de preguntas guía para a ABP2
Todos os grafitis son arte?
Que impacto ten o mural na nosa sociedade?
Que temas ou mensaxes de índole social son do teu interese? Cales son os límites do correcto na arte? Como pode mellorar a túa contorna un mural?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0
