Saltar navegación

1. Exposición da proposta aos estudantes

A primeira proposta é un mural cooperativo a partir do trazado continuo dunha liña que se entrecruce. Comezamos probando esta experiencia sobre un papel de embalaxe colocada sobre unha mesa longa ou varias mesas da aula unidas. En función do espazo dispoñible toda a clase pode participar no mesmo mural ou en varios grupos. O procedemento consiste en realizar liñas aleatorias sen levantar o rotulador groso do papel (serve tamén unha cera ou un carbonciño). O alumnado disposto ao redor da mesa vaise pasando o rotulador despois de realizar un trazo libre. Despois de que a ferramenta utilizada acha dado unha volta completa á mesa, os participantes cambian de lugar e realízanse novas liñas que se crucen coas anteriores. A continuación énchese con cores vivas os espazos pechados polas liñas. O resultado gráfico é unha obra conxunta de estilo abstracto con detalles figurativos. Cada participante decide que espazos colorear e que figuras lle suxiren.
A segunda proposta é pintar unha obra sobre lienzo para unha exposición colectiva cun tema actualizado escollido polo alumnado. Na ABP edurefugees cóntase o desenvolvemento de varias actividades e experiencias que culminaron nunha exposición colectiva de obras de estudantes de educación secundaria.