7.- Avaliación da secuencia didáctica
Nesta secuencia didáctica aprenderemos:
O signficado da conmemoración e por que eliximos este día.
|
En moitas actividades están sinalados os criterios de avaliación, instrumentos e incluso rúbricas creadas ah hoc.
Neste apartado algunha suxestión de como realizar unha avaliación global da secuencia:
- No caderno de traballo:
Hai dous tipos de actividades:
a) Unhas son interactivas que se poden avaliar de xeito inmediato e teñen o propósito de servir de motivación e relacionar conceptos traballados. Clicando no botón de informes do menú superior podedes ver a calificación de este grupo de actividades;

b) Outras son propostas de traballo colaborativo ou cooperativo e se avaliarín coa rúbrica do traballo grupal.
- Na proposta de traballo cooperativo:
A avaliación da actividade farase en base á rúbrica:

- Para a avaliación da webquest propoñemos esta outra rúbrica:
Para avaliar o traballo, fixarémonos nos seguintes aspectos:
- Utilización dos recursos da rede.
- Exposición clara das instrucións dos xogos deseñados por eles.
- Utilización correcta da lingua galega.
- Viabilidade e importancia das preguntas formuladas
- Funcionamento e relación entre os catro membros do grupo.
- Composición e estética do xogo creado.
Rúbrica:
CATEGORIA |
4 puntos |
3 puntos |
2 puntos |
1 punto |
|
Contido e precisión |
Toda a información das preguntas son axeitadas. |
99-90% da información das preguntas son axeitadas. |
89-80% da información das preguntas son axeitadas.. |
Menos do 80% da información das preguntas son axeitadas. |
Escritura-Gramática |
Non hai erros gramaticais no texto das preguntas nin nas instruccións do xogo. |
Non hai erros gramaticais no texto das preguntas nin nas instruccións do xogo despois da revisión por parte do mestre. |
Hai 1-2 erros gramaticais no texto das preguntas nin nas instruccións do xogo aínda despois da revisión por parte do mestre. |
Hai 3 ou máis erros gramaticais no texto das preguntas nin nas instruccións do xogo aínda despois da revisión por parte do mestre. |
Coñecemento gañado |
Todos os alumnos do grupo saben as instruccións do xogo, as respostas ás preguntas e o proceso técnico usado para crealo. |
Todos os alumnos do grupo saben as instruccións do xogo, a maioría das respostas ás preguntas e o proceso técnico usado para crealo. |
Só algúns alumnos do grupo saben as instruccións do xogo, a maioría das respostas ás preguntas e o proceso técnico usado para crealo.. |
Varios alumnos do grupo parecen ter pouco coñecemento sobre as instruccións do xogo, a maioría das respostas ás preguntas e o proceso técnico usado para crealo. |
Gráficos |
Os gráficos do xogo van ben co texto e hai unha boa combinación de texto e gráficos. |
Os gráficos do xogo van ben co texto, pero hai moitos que se desvían do mesmo. |
Os gráficos van ben co título, pero hai moi poucos e o xogo parece ter excesivo texto. |
Os gráficos do xogo non van co texto, e aparentan ter sido escollidos sen ningún orden. |
Atractivo |
O xogo é excepcionalmente atractivo en termos de deseño, composición e integración das preguntas. |
O xogo é atractivo en termos de deseño, composición e integración das preguntas. |
O xogo é relativamente atractivo aínda que pode estar descompensado nalgúns aspectos. |
O xogo está bastante desordenada ou está moi mal deseñado. Non é nada atractivo. |
Uso do tempo de clase |
Usou ben o tempo durante cada periodo de clase. Puxo énfase en realizar o traballo e nunca fixo perder o tempo a outros. |
Usou ben o tempo durante cada periodo de clase. En xeral, puxo énfase en realizar o traballo e nunca fixo perder o tempo a outros. |
Houbo certo énfase en realizar o traballo, pero ocasionalmente distraía a outros. |
Non usou o tempo de clase para realizar o traballo ou distraía con frecuencia a outros. |
Esta rúbrica está inspirada libremente na ferramenta web Rubistar.
- A actividade de ampliación e motivación (xogo de preguntas e respostas)
Avalíase de forma inmediata pois o xogo é de tipo individual ou grupal e remata cando o alumno contesta todas as preguntas que se lle formulan (36). Das catro opcións de resposta só unha delas é correcta. Ao rematar o tempo (300 segundos) amosaranse a totalidade das respostas e o seu feedback. Tamén podemos acceder a este informe en calquera momento clicando no botón superior co signo de exclamación.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0