Saltar navegación

4.- Webquest: "Creamos un xogo"

Banner da webquest "Creamos un xogo"

Webquest "Creamos un xogo"

Introducción


Todos os anos, na semana do 17 de maio, celebramos nos centros educativos a Semana das Letras galegas na que homenaxeamos a un persoeiro destacado das nosas Letras. Este persoeiro é seleccionado polos membros da Real Academia Galega (RAG) entre varias propostas que deben ter a condición de levar máis de dez anos mortos.

O nome do persoeiro dase a coñecer un ano antes da celebración.

Aínda que diversos colectivos de docentes ou a propia Administrción educativa elaboran recursos para traballar a vida e obra do persoeiro, tamén é certo que o propio proceso de elaborar nós as preguntas pode ser moi enriquecedor.

Tarefa

En equipos de catro membros teremos que deseñar un xogo baseado en preguntas e respostas sobre a vida e obra do persoeiro ao que lle adiquemos o Día das Letras Galegas neste ano.

Teremos que deseñar:

- A mecánica do xogo: o nome, as regras, se precisamos dalgún material adicional,...

- Unha batería de preguntas e respostas sobre a vida e obra do autor homenaxeado que sexa suficiente para poder desenvovler o xogo na súa totalidade.

Os grupos terán completa liberdade neste deseño e poden apoiarse en solucións dixitais que nos ofrece a Rede ou optar por facer todo o xogo noutro tipo de soportes non dixitais.

Proceso


Cada "equipo" estará formada por catro membros que se repartirán estos roles:

-Coordinador/a: É quen define os obxectivos do grupo e coordina a toma de decisións. Tamén chamado líder ou responsable. Transmite seguridade, confianza e cohesión ao grupo.
- Investigador/a: O estudio das fontes son a súa principal fortaleza: estudos, análises,..., etc. Parte da súa función é extraer información que aplicará ao proceso actual. Soe ser un bo comunicador e un excelente analista das situacións.
- Creativo/a: persona chea de ideas e é quen de aportar suxestións e opinións. É imaxinativo, innovador e curioso.
- Deseñador/a: é o encargado de "darlle forma" e coherencia ao xogo.

Cada un exercerá o seu rol pero todas as propostas serán debatidas internamente entre os catro membros do grupo para poder elaborar o xogo previsto na súa totalidade.


Recursos

Icona da web

Para recabar información sobre o persoeiro homenaxeado:

Propostas para realizar o xogo en formato dixital (se o grupo decidiu esta opción):

  • Brincaletras
  • Kahoot (podemos crear un taboleiro con preguntas pero precisamos dun dispositivo móbil)

Avaliación

Para avaliar o traballo, fixarémonos nos seguintes aspectos:

  •   Utilización dos recursos da rede.
  •   Exposición clara das instrucións dos xogos deseñados por eles.
  •   Utilización correcta da lingua galega.
  •   Viabilidade e importancia das preguntas formuladas
  •   Funcionamento e relación entre os catro membros do grupo.
  •   Composición e estética do xogo creado.

Rúbrica:

Nome do mestre/a:  ­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­____________________________________
 

Nome do alumno/a:     ________________________________________

 

 

CATEGORIA

4 puntos

3 puntos

2 puntos

1 punto

Contido e precisión

Toda a información das preguntas son axeitadas.

99-90% da información das preguntas son axeitadas.

89-80% da información das preguntas son axeitadas.

Menos do 80% da información das preguntas son axeitadas.

Escritura-Gramática

Non hai erros gramaticais no texto das preguntas nin nas instruccións do xogo.

Non hai erros gramaticais no texto das preguntas nin nas instruccións do xogo despois da revisión por parte do mestre.

Hai 1-2 erros gramaticais no texto das preguntas nin nas instruccións do xogo aínda despois da revisión por parte do mestre.

Hai 3 ou máis erros gramaticais no texto das preguntas nin nas instruccións do xogo aínda despois da revisión por parte do mestre

Coñecemento gañado

Todos os alumnos do grupo saben as instruccións do xogo, as respostas ás preguntas e o proceso técnico usado para crealo.

Todos os alumnos do grupo saben as instruccións do xogo, a maioría das respostas ás preguntas e o proceso técnico usado para crealo.

Só algúns alumnos do grupo saben as instruccións do xogo, a maioría das respostas ás preguntas e o proceso técnico usado para crealo..

Varios alumnos do grupo parecen ter pouco coñecemento sobre as instruccións do xogo, a maioría das respostas ás preguntas e o proceso técnico usado para crealo.

Gráficos

Os gráficos do xogo van ben co texto e hai unha boa combinación de texto e gráficos.

Os gráficos do xogo van ben co texto, pero hai moitos que se desvían do mesmo.

Os gráficos van ben co título, pero hai moi poucos e o xogo parece ter excesivo texto.

Os gráficos do xogo non van co texto, e aparentan ter sido escollidos sen ningún orden.

Atractivo

O xogo é excepcionalmente atractivo en termos de deseño, composición e integración das preguntas.

O xogo é atractivo en termos de deseño, composición e integración das preguntas.

O xogo é relativamente atractivo aínda que pode estar descompensado nalgúns aspectos.

O xogo está bastante desordenada ou está moi mal deseñado. Non é nada atractivo.

Uso do tempo de clase

Usou ben o tempo durante cada periodo de clase. Puxo énfase en realizar o traballo e nunca fixo perder o tempo a outros.

Usou ben o tempo durante cada periodo de clase. En xeral, puxo énfase en realizar o traballo e nunca fixo perder o tempo a outros.

 Houbo certo énfase en realizar o traballo, pero ocasionalmente distraía a outros.

Non usou o tempo de clase para realizar o traballo ou distraía con frecuencia a outros.

 Esta rúbrica está inspirada libremente na ferramenta web Rubistar.

 

Conclusións


  • Debemos unha consideración especial ás persoas que viviron antes que nós e contribuiron de xeito decisivo a formar a cultura da que hoxe disfrutamos.
  • A cultura galega é froito dun esforzo persoal e colectivo de moitas persoas.
  • Debemos conservar o legado cultural que nos deixaron en herdanza.
  • A cultura é a base e o fundamento do que somos.
  • Debemos poñer todo o empeño para que a globalización nos nos faga perder os nosos sinais de identidade.
  • Todas as persoas somos diferentes e valiosas.