Saltar navegación

MRUA

MRUA

Chámase movemento rectilíneo uniformemente acelerado. A velocidade pode aumentar ou diminuír e a aceleración é constante. 

A gráfica posición tempo é unha curva cuadrática. Cóncava se a aceleración é positiva (aumenta) e convexa se é negativa.

A gráfica velocidade-tempo é unha recta con pendente positiva ou negativa, dependendo do signo da velocidade e a gráfica aceleración-tempo é unha liña recta horizontal.

Wikipedia. CC BY

As ecuacións do MRUA son as seguintes:

a = constante

v = v0 + a·t

s = v0·t + 1/2·a·t2

EXERCICIO DE MRUA

A táboa seguinte representa a posición dun móbil en distintos momentos:

Tempo(s) 0 1 2 3 4 5
Posición(m) 5 13 21 25 29 30

a) Representa a gráfica posición-tempo e razona se é un MRUA.

b) Razona se a aceleración é positiva ou negativa.

c) Calcula a velocidade media nos dous primeiros segundos.

d) Calcula a velocidade media entre o segundo 3 e o 5.

e) Explica a diferenza entre os dous valores de velocidade media.

ACTIVITY

Duración:
2 lessons
Agrupamento:
groups of three

When a body falls to Earth, it accelerates 9,8 m/s2. Working with your partners, determine the velocities it acquires every second for ther falling times of the first five seconds.

Convert the velocities into kilometres per hour and make a velocity-time graph.

Match the falling velocities with the damage caused in traffic accident according to the velocity. Use phrases like "crashing at 20 km/h is equivalent to falling from a height of..."

Make a large poster and show your results, explaining how you got them. Try to motivate people to drive cautiously.

CAÍDA LIBRE

Consiste na caída dun corpo dende unha certa altura só por acción da gravidade. A velocidade inicial é nula ó comezo e vai incrementándose a medida que cae pola aceleración de valor 9,8 m/s2.Polo tanto trátase dun MRUA. A masa do corpo non inflúe no tempo de caída, así por exemplo se deixamos caer unha canica e unha pelota de baloncesto dende a mesma altura chegarán ó chan á vez (desprezando o rozamento do aire)