Saltar navegación

Ecuacións de segundo grao

ECUACIÓNS DE SEGUNDO GRAO

Hai dous tipos: as completas e as incompletas.

COMPLETAS

Son desta estrutura ax2 + bx + c = 0. Resólvense mediante unha ecuación que pode dar lugar a dúas solucións. Se se representan gráficamente obtense unha curva cadrática  que corta o eixe x nos puntos de solución.

Ecuación de resolución:

Se a raíz cadrada da cero, entón a ecuación só ten unha solución.

INCOMPLETAS

a) De tipo ax2 + c = 0

Resólvense matemáticamente, por exemplo:

4x2 - 16 = 0

4x2 = 16

x2 = 16/4= 4 ; x = ±√4 = ± 2

b) De tipo ax2 + bx = 0

Aquí o que se fai é sacar factor común x e resolver:

x·(ax + b) =0

x =0

ax = -b ; x = -b/a

EXERCICIOS DE ECUACIÓNS:

COMPLETAS

Resolve:

a) x2 +7x-60 =0

b) x2 -6x + 9 = 0

c) x2 +13x +42 =0

d) -x2 +5x-4 = 0

e) 2x2 -16x +24 = 0

EXERCICIOS DE ECUACIÓNS

INCOMPLETAS

a) 25x2 - 9 = 0

b) x2 +8x = 0

c) x2 -5x =0

d) 5x2 + x =0

e) 4x2 - 1 =0

REPRESENTACIÓN ECUACIÓNS SEGUNDO GRAO

Imos representar a ecuación y = x2-6x+8. Primeiro hai que facer unha táboa de datos dándolle valores ó x e calculando os valores de y. A continuación representamos nos eixes de coordenadas. Os puntos de corte co eixe x son as solucións da ecuación.

x y
0 8
1 3
2 0
3 -17
4 0

REPRESENTACIÓNS GRÁFICAS

Representa gráficamente as seguintes ecuacións de segundo grao:

a) y = x2 -5x +6

b) y = x2 +5x -14

c) y = x2 -2x-3