Saltar navegación

A forza da gravidade

1) Calcula a forza coa que se atraen dúas masas de 10 e 300 Kg a unha distancia de 50m.

2) Calcula a forza coa que a Terra atrae a un corpo de 50Kg situado na súa superficie. Masa da Terra = 5,95·1024 Kg. Radio ecuatorial = 6,378·106 m

 

3. Calcula canto pesa un corpo de 10 kg na Terra e na Lúa

4. Canto pesará na Lúa un corpo que pesa 100 N na Terra?

5. Observa a seguinte imaxe

Sabendo que a bola verde ten 3 kg de masa, a azul 2 kg e a vermella 1 kg. Cal será a situación onde teñamos máis forza gravitatoria?

6. Quen pesa más en Lugo? Ana, que ten unha masa de 60 kg ou Nacho, cun peso de 590 N?

7. Miguel, que ten un peso na Terra de 833 N, realiza unha misión espacial a Venus e descobre que alí pesa 748 N. Calcula a aceleración da gravidade en Venus.

BY-NC-SA