Saltar navegación

A densidade

1. Cal será a densidade dun corpo que ten de masa 1130 g e ocupa un volume de 100 ml?

2. Un soldadiño de chumbo den unha masa de 35 g. O seu volume é de 25 cm3 . Cal é a densidade do soldadiño?

3. A moeda A ten unha masa de 12 g. Outra, B, ten unha masa de 9´2 g. Unha terceira, C,

ten unha masa de 4,14 g.

a) Como calcularías o volume de cada moeda?

b) Como descubrirías se as tres moedas están feitas da mesma substancia?

4. Temos un corpo de 40 g cuxa densidade é de 1,24 g / mL e outro obxecto de 70 g con un densidade de 0,96 g / ml. 
Se metemos cada un nun recipiente con auga, nese caso subirá máis o nivel de líquido?

 

5. Nunha probeta de 250 cm3 medimos 200 cm3 de auga. A continuación, se introduce unha pedra de 100 g de masa. O nivel da auga ascende a 225 cm3

a) Cal é o volume da pedra?

b) Cal é a súa densidade?

BY-NC-SA