Saltar navegación

Importancia biolóxica dos non metais

NON METAIS E BIOLOXÍA

O NITRÓXENO

Ten unha grande importancia biolóxica xa que está presente nos aminoácidos das proteínas e nas bases nitroxenadas do ADN e o ARN. Constitúe o 78% dos gases atmosféricos. Existe un ciclo do nitróxeno mediante o cal se recicla este elemento a través de procesos biolóxicos e abióticos. É o elemento con maior influencia no crecemento das plantas. As plantas non poden absorber directamente o nitróxeno atmosférico, só se este está en forma de nitrato NO3- ou ión amonio NH4+. Algunhas plantas establecen relacións simbióticas con bacterias que fixan o nitróxeno atmosférico.

O FÓSFORO

Forma parte dos ácidos nucleicos e da molécula enerxética de todas as células, o ATP (adenosín trifosfato). Tamén forma parte da composición dos ósos.

O OSÍXENO

È producido na fotosíntese das plantas, algas e cianobacterias. A súa aparición no planeta hai 2500 millóns de anos, favoreceu a aparición de animais con respiración celular, que empregan osíxeno para oxidar a glicosa nas mitocondrias e así obter enerxía. Forma parte da molécula de ozono, O3, que nos protexe das radiacións ultravioleta do Sol. Está presente en multitude de compostos orgánicos: aminoácidos, graxas, ácidos nucleicos, etc.

O XOFRE

Elemento esencial para todos os seres vivos, está presente en case todas as proteínas. Existe un ciclo do xofre polo que se recicla na natureza.

O SELENIO

Está presente en proteínas de grande importancia biolóxica. Trátase dun oligoelemento esencial para o ser humano. É antioxidante, axuda a neutralizar os radicais libres, induce a apooptosis, estimula o sistema inmunolóxico e intervén no funcionamento ga glándula tiroides. As investigacións realizadas suxiren unha correlación entre o consumo de suplementos de selenio e a prevención do cancro en humanos.

OS HALÓXENOS

O FLÚOR

Atopárose compostos orgánicos de flúor en microorganismos e plantas pero non en animais. O flúor pode axudar a mellorar a resistencia ósea ou do esmalte dental.

O CLORO

Na natureza atópase formando parte de cloruros (especialmente en forma de cloruro de sodio, sal común), cloritos e cloratos, nas minas de sal e disolto na auga de mar. O anión cloruro axuda a manter o equilibrio dos líquidos corporais. É o principal anión do plasma sanguíneo e o fluido intersticial celular. Atópase principalmente no líquido cefalorraquídeo, nas secrecións gastrointestinais e tamén está presente en pequenas cantidades nos ósos.

O BROMO

O ion bromuro é necesario para os eosinófilos (células brancas do sangue, da clase dos granulocitos, especializados na defensa contra os parásitos multicelulares), co usan para xerar compostos bromados antiparásitos mediante a acción de eosinofil peroxidasa, un enzima que emprega preferentemente bromuros.

O ion bromuro aparece a unha concentración relativamente alta en auga de mar.

O IODO

É un elemento químico esencial. A glándula tiroides fabrica as hormonas tiroxina e triodotironina, que conteñen iodo. O déficit de iodo produce bocio e mixedema.

As hormonas titoideas regulan a taxa metabólica basal. O iodo  é requerido como elemento traza para a meirande parte dos organismos vivos.

Actividade de encher espazos

Lea o parágrafo seguinte e escriba as palabras que faltan.

Existen bacterias que poden o nitróxeno atmosférico.

As plantas só poden absorber o nitróxeno como ou ion amonio.

O fósforo forma parte da molécula enerxética, chamada .

O da estratosfera é unha forma alotrópica do osíxeno.

O osíxeno é producido na i é esencial para a celular.

Case todas as conteñen xofre.

O selenio ten propiedades .

O pode fortalecer o esmalte dental.

Na auga de mar hai unha alta concentración de ion .

O iodo intervén na regulación do .

Habilitar JavaScript