Relación entre temperatura e altitude
As cápsulas MarumaSat viaxan con varias sondas para a toma de datos. Unha deles é unha radiosonda empregada polas axencias meteorolóxicas para a medición de magnitudes atmosféricas así como para o seguemento en tempo real da posición da cápsula. Os datos que envía a radiosonda son especialmente interesantes, por permiten unha mellor comprensión dos fenómenos que ocorren na atmosfera. A radiosonda recolle unha multitude de variables (humidade, presión, temperatura, altitude, dirección e intensidade do vento) que son analizadas tras a aterraxe a fin de establecer relacións entre elas.
Un dos aspectos de interese científico é a relación entre a altitude e a temperatura. O alumnado da comisión científica da NOSA puido obter unha relación entre estas dúas magnitudes.
A gráfica que vedes abaixo corresponde coa función altitude-temperatura e foi elaborada a partir dos datos da radiosonda que voou na cápsula MarumaSat II.