The following learning standards and key competences are based on the LOMCE (Organic Law 8/2013, 9th December), more concretely on the Decree 105/2014, 4th September, that establishes the curriculum for Primary Education in Galicia.
These standards correspond to the curriculum of the English subject in the 5th level of Primary Education.
PLEB1.1. Comprende o sentido global e a información máis importante de textos orais, con estruturas coñecidas e léxico de uso cotiá adecuados á súa idade, procedentes de medios audiovisuais ou da Internet.
PLEB1.3. Identifica a información máis relevante en interaccións orais nas que participa que traten sobre temas familiares procedentes de diferentes medios de comunicación e da Internet.
PLEB2.1. Participa de forma activa en situacións reais ou simuladas de comunicación, previamente preparadas e ensaiadas, sobre temas do seu interese, sobre persoas da súa contorna inmediata, cunha pronuncia e entoación comprensibles.
PLEB2.4. Produce textos orais propios, sinxelos e breves (p.e. cancións, conversas telefónicas, dramatizacións) utilizando distintos soportes multimedia.
PLEB3.2. Comprende a idea principal dun texto escrito sinxelo, con apoio visual, procedente dos medios de comunicación adaptados á súa competencia lingüística e acorde coa súa idade.
PLEB4.4. Amosa interese polo uso guiado das TIC para producir textos e presentacións e transmitir información escrita.
PLEB4.6. Produce mensaxes escritas breves: notas e avisos, instrucións ou normas, cartas, felicitacións, carteis, folletos, cómics o descricións de lugares, gustos ou afeccións.
PLEB5.1. Identifica aspectos básicos da vida cotiá dos países onde se fala a lingua estranxeira (horarios, comidas, festividades…) e compáraos cos propios, amosando unha actitude de apertura cara ao diferente.
PLEB5.2. Participa en actividades de aprendizaxe individuais e colectivas, respecta as ideas dos e das demais e contribúe ao traballo en grupo.
PLEB5.15. Compara aspectos lingüísticos e culturais das linguas que coñece para mellorar na súa aprendizaxe e lograr unha competencia integrada a través de producións audiovisuais ou multimedia e de manifestacións artísticas.
PLEB5.14. Comprende e usa adecuadamente o vocabulario necesario para participar nas interaccións da aula ou fóra da aula, ler textos próximos á súa idade e escribir con léxico traballado previamente.
Contribution to the development of the seven Key Competences:
- Competencia en comunicación lingüística:
É a competencia máis directamente relacionada coa aprendizaxe dunha lingua e que, como mencionamos anteriormente, a nosa meta é alcanzar unha competencia comunicativa integrada.
Por isto, traballaremos todas as destrezas da lingua, comprensión e expresión oral, e comprensión e expresión escrita, priorizando a súa interrelación, pois é así como aparecen nas situacións reais de comunicación, e non de manera illada.
Ao longo de todas as secuencias didácticas propiciaremos non só a comprensión e expresión unilateral, senón tamén a comunicación bidireccional con outros interlocutores.
- Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía:
Traballaremos nocións espaciais (direccións), temporais (hora, secuenciación), conceptos matemáticos básicos como os números e os símbolos (diñeiro) así como o razoamento lóxico.
O traballo a través de textos informativos relacionados co mundo físico tamén permiten coñecer mellor os elementos da natureza e a influencia e as relacións que manteñen os seres humanos co espazo no que viven.
Partimos da base de que o propio proxecto é un recurso dixital (elaborado con eXeLearning) e será visualizado na PDI da aula ou nos ordenadores individuais.
Ademais fomentaremos as destrezas para a busca, seleción e comprensión da información a través de medios dixitais e o uso de Internet.
Incluiremos tamén actividades a realizar con diversas ferramentas de Internet como Google Slides, Google Docs ou OBS Studio.
- Competencias sociais e cívicas:
A lingua é a base da comunicación entre os seres humanos, polo que é dende esta área onde se pode contribuir fácimente ao desenrolo desta competencia básica, entendida como o conxunto de habilidades necesarias para a conviencia.
Deste xeito, que os nenos/as apredan a comunicarse cos demais e a comprender o que os demais lles trasmiten é fundamental para a súa formación como seres sociais, o que potenciaremos a través do traballo colaborativo para a realización dos proxectos.
O contacto con outras realidades diferentes á súa facilita tamén a erradicación de prexuizos e imaxes estereotipadas, que se interrelaciona coa seguinte competencia, a cultural.
- Consciencia e expresións culturais:
Esta área inclúe especificamente un achegamento a manifestacións culturais propias da lingua e dos países nos que se fala. Traeremos o mundo exterior á aula e propiciaremos a inmersión na linguaxe, tradición e cultura no mundo de fala inglesa.
Por outra banda, queremos facer ao alumnado consciente da verdadeira utilidade da lingua estranxeira como instrumento de comunicación e de acceso á información, que lles permita comprender os elementos sociolingüísticos e culturais que condicionan aos falantes da lingua estranxeira e que informan de outras maneiras de ver, entender e apreciar o mundo. Poderán así alcanzar unha consciencia intercultural que lles permita comunicarse con certa sintonía cultural.
- Competencia para aprender a aprender:
A aprendizaxe colaborativa é unha ferramenta moi potente no desenvolvemento desta competencia posto que permite que todos sexan á vez docentes e discentes. Se os equipos están compostos por membros con diferentes estilos de aprendizaxe, diferentes puntos fortes e débiles e diferentes personalidades calquera tarefa se convirte nunha experiencia completa para eles. Non soamente adquirirán diferentes estratexias de aprendizaxe senón a transmitir os seus coñecementos e axudar aos demais, o que supón unha doble aprendizaxe para eles.
Por outra banda, tamén adquirirán destrezas dixitais para a busca, seleción e comprensión da información, mediante o uso de Internet, de ferramentas de Google (Maps, Docs…), Office e outras online como Voki ou Match the Memory.
- Sentido de iniciativa e espírito emprendedor:
Tódalas secuencias didácticas plantexadas baséanse nunha aprendizaxe por descubrimento guiado que remata coa tarefa final, que é un proxecto colaborativo, fomentando así a autonomía, o espírito crítico, a iniciativa, a poñerse no lugar dos outros e a decidir entre varias cuestións.
Ademais o recurso “Bright ideas” xira arredor de iniciativas que cambian o mundo para fomentar o camiño do emprendemento entre o alumnado.