Saltar navegación

Lesións dos ósos e das articulacións

Na procura de información

Para comprender mellor o aparato locomotor procuramos información das partes que o fan posible.Para elo acudinos as seguintes ligazóns da "Galipedia": os 1 ósosarticulacións,tendóns , músculosligamentos que  conforman o aparato locomotor e permítenos a movilidade.As lesións máis habituais do aparello locomotor prodúcense por causa dalgún golpe violento ou dun esforzo damasiado grande. Resultan moi dolorosas e entre elas destacan as escordaduras, as luxacións, as fracturas e as esgazaduras musculares.

Unha das lesións máis comúns na clase de Educación Física é a escordadura de nocello, que pódese previr quencendo e estirando os músculos da articulación, empregando unhas deportivas axeitadas e potenciando a musculatura do pé. Os exercicios que axudan a fortalece-los músculos que rodean o nocello e estabiliza-la articulación poden ser os seguintes: 

  • facer movementos circulares co nocello trazando círculos co pé (cara a dentro e cara a fóra),
  • marchar subindo e baixasndo escaleiras,
  • facer os circulos no aire ata que se consiga o movemento completo do nocello.
  • poñerse na punta dos pés e de talóns de xeito alternativo mantendo ao menos tres segundos cada unha das posicións. 

«Dolor de tobillos, causas y prevención - YouTube». Accedido 2 de marzo de 2016. https://www.youtube.com/watch?v=gcjAOMGrLTk.