UDI 1. Preparativos da viaxe
Lembrando
Que lembras sobre o que fixestes o curso pasado en Música?
(Traballa en grupos de 3 cos teus compañeiros e compañeiras e comentádeo a modo de choiva de ideas.)
As calidades do son
Cando un obxecto vibra, o teu corpo ten unha reacción: o teu tímpano recibe esa vibración e a transmite ao teu cerebro. Iso é un son.
O mundo, como podedes comprobar, está cheo deles.
Cada un deses sons ten unhas calidades que os fan únicos. Imos coñecelas:
- A duración: un son pode durar un segundo ou un minuto: largo ou curto.
- A intensidade: un son pode asustarte ou case non percibilo: forte ou suave.
- O timbre: depende de que obxecto produza o son: animal, persoa, instrumento, etc.
- A altura: depende do número de vibracións do obxecto sonoro: grave e agudo.
Todas estas calidades axudarannos a entender como está feita a música.
Para comprobar que o entendestes, podedes facer o exercicio que segue.
Actividade das calidades do son
Le e completa:
As figuras e os silencios
Para representar os sons na música, empregamos uns signos que se chaman figuras.
Estas son as figuras coas que imos traballar:
Cando non hai sons, os signos empregados son os silencios:
Matices. Tempo. Carácter.
Hai indicacións nas partituras que nos indican cal é a intensidade coa que debemos interpretalas. Coas que imos traballar son:
Para saber a que velocidade temos que interpretar unha canción, hai outra serie de termos:
Non todas as cancións se interpretan da mesma maneira: unhas son máis alegres, outras son para bailar, outras son para durmir, etc. Usamos termos que nos axudan a marcar ese carácter:
A escala. Ton e semitón.
A escala é un conxunto de notas ordenadas ascendente ou descendentemente.
Existen diferentes tipos de escalas, pero a máis habitual é a que está formada por sete sons consecutivos.
A que todos coñecemos a escala de Do Maior? Repasámola?
Un ton é a maior distancia que hai entre dous sons, mentres que o semitón é a distancia máis pequena.
Un ton está formado por dous semitóns.
Na escala de Do Maior as distancias entre os sons son as seguintes:
Imos escoitar os seguintes audios para distinguir un ton e un semitón:
Ton
Semitón
O repaso
Indica se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións:
Retroalimentación
Falso
Este termo de carácter indica con dozura.
Retroalimentación
Verdadeiro
Significa que a velocidade da partitura é rápida
Retroalimentación
Falso
O ton é o que está formado por dous semitóns
Retroalimentación
Falso
A negra está formada por 4 semicorcheas
Retroalimentación
Falso
A lingua empregada é o italiano.
Retroalimentación
Verdadeiro
É a abreviatura de mezzo piano
Retroalimentación
Falso
Vivo, xunto con Vivace e Presto, indícanos que a partitura se interpretará moi rápido.
Retroalimentación
Verdadeiro
Este termo significa alegre
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0