Unha pequena viaxe pola música do mundo
Unha pequena viaxe pola música do mundo
A nosa viaxe musical
Ola, meus amiguiños! Eu son Euterpe e estou aquí para acompañarvos nesta viaxe!
Antes de saír, temos que comprobar que levamos enriba todo o que precisamos. Imos facer uns pequenos preparativos para comprobar que a nosa maleta está chea!
Estades preparados?
Despois destes preparativos xa estaremos listos para comezar a nosa viaxe, onde coñeceremos a través de cancións populares, a cultura doutros nenas e nenos de países como Brasil, México, Polonia ou Xapón.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0