A música tradicional é unha das maiores expresións culturais dun pobo, é símbolo da súa cultura, costumes e vivenzas máis significativas.
Mediante as cancións populares a nosa identidades permanece viva de xeración en xeración e por iso as cancións populares son un dos nexos xeracionais máis importantes neste campo. Todos lembramos aquela cantiga que se tarareaba na nosa casa mentres se realizaba algunha tarefa, ou aquela que nos facía seguir o ritmo cos pés case sen percatarnos. Con este proxecto, e en concreto neste apartado de cancións infantís, pretendemos contribuír á conservación sa tradición musical do noso pobo, á vez que conseguimos que os intérpretes consigan rememorar nas lembrazas dos seus familiares aquelas experiencias, sitacións ou persoas ás que a escoita destas pezas lles rememore.
Por todos aqueles que nos cantaron na nosa nenez!

Los niños alegría..., en Pixabay CC BY - SA 3.0