Saltar navegación

HISTORIA

RUMBA

A rumba galega pertence aos cantos e danzas de ida e volta. Ao igual que a rumba flamenca, esta ten a súa orixe na fusión de certos elementos de estilos cubanos e españois. As características deste xénero son similares ás que apareceron no Caribe. O acompañamento emprega ritmos característicos dalgúns xéneros da música cubano como a Guaracha, a Rumba e a Habanera.

caribe

Mapa del Caribe, Shadowxfox en Wikipedia  CC BY - SA 3.0

Debido á súa orixe popular, as rumbas galegas son atribuídas frecuentemente a autores descoñecidos e xeralmente denomínanse co nome do pobo ou rexión de onde son recollidas: Rumba de Eo, Rumba de Mallou, Rumba de Cerqueira, Rumba de Anxeriz ou Rumba de Vergara. Tamén se lles pode denominar co nome do autor/a ou persoa a que se lle adica: a Rumba de Juanito do Carballal, a Rumba de Pucho, ou a Rumba da Sabeliña.

Na actualidade son interpretadas por agrupacións musicais chamadas “charangas” ou “murgas”, que a diferenza das agrupacións tradicionais galegas de gaita e percusión, incluíron no grupo outros instrumentos non tradicionais, como o clarinete, o saxofón, o acordeón e a guitarra, ademáis dunha ampla selección de instrumentos de percusión.