Saltar navegación

U.D. 4: ACTUAMOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A Lei 11/2007, do 27 de xullo galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, define ésta como calquera acto violento ou agresión, baseados nunha situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de dominación dos homes sobre as mulleres que teña ou poida ter como consecuencia un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas de tales actos e a coacción ou privación arbitraria da liberdade, tanto se ocorren no ámbito público coma na vida familiar ou privado (artigo 1, pto. 2).

Podes visitar o documento na seguinte ligazón.

texto da lei