Saltar navegación

CREAMOS

REALIZA PEQUENAS INVESTIGACIÓNS E CREACIÓNS ARTÍSTICAS EMPREGANDO AS TIC

1. Cada un de vós fará unha procura de cadros onde aparezan reflictidos actos violentos contra mulleres. Por outra banda indagará nos xornais dixitais, noticias do ano en curso, sobre casos de violencia de xénero en España.

2. Agruparedes as obras e as noticias atopadas, sen que se repitan, nunha presentación interactiva, á que poredes música. En cada diapositiva debe aparecer:a obra, o titular da noticia, xornal e a data do feito.

3. Entre dispositiva e diapositiva incluiredes poemas ou frases relativas ao tema, ou ben un lema escollido entre todos.

4.Indagaredes, nalgunha fonte oficial, sobre o número de vítimas mortais no que vai de ano. Este dato debe formar parte da diapositiva final.

5. O día 25 de novembro instalaredes na biblioteca un proxector para visionar a presentación. Xunto a el, haberá un panel, onde se poida apuntar o sentimento que vos produce o visionado da vosa presentación, posibles solucións a esta lacra, peticións e desexos sobre este tema.

Podedes convidar ao resto das clase a pasar a velo de forma alternativa e ordenada durante toda a xornada e a participar no panel.